Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Galipedia lanza concurso para ilustrar a escritora homenaxeada nas Letras 2018
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Galipedia lanza concurso para ilustrar a escritora homenaxeada nas Letras 2018

Redacción
Publicado: 21/09/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

wikiconcurso_letras_galegas_galipedia.jpgOs editores da Galipedia, a enciclopedia libre en galego, están a organizar un concurso de debuxo para complementar visualmente o artigo de María Victoria Moreno, a vindeira homenaxeada na festa da nosa cultura do 17 de maio en 2018. O Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras está aberto a todos os internautas, pudendo achegar un debuxo ou material gráfico feito a través de calquera outra técnica artística. Os requirimentos son: que o deseño fornecido sexa dixital e que veña licenciado de xeito que sexa compatible coa política da Galipedia. Ou sexa, deberá facerse en Wikimedia Commons e dentro da categoría María Victoria Moreno.
O certame ten a súa orixe nunha realidade coa que teñen con convivir os autores da Galipedia dende a orixe do proxecto: a dificultade (por mor das políticas de uso de imaxes) para ilustrar certas entradas, sobre todo as correspondentes a persoeiros finados nos últimos oitenta anos. Segundo fan saber, “isto é debido a que non adoita haber imaxes deles, dispoñibles, que non estean suxeitas a dereitos de autoría”.
O prazo de publicación para entrar no concurso remata o 31 de decembro de 2017, inda que logo os participantes poden seguir cargando os deseños que queiran, fóra da competición. Finalizado o prazo de publicación haberá unha votación aberta na que se elixirá o retrato, que seguramente será a ilustración primeira que aparecerá no artigo de María Victoria Moreno. Este retrato e máis os dous seguintes con máis votos serán os que se repartirán os premios do concurso.
Tanto os ficheiros gañadores como os outros participantes, cargados no proxecto, poderán aparecer na páxina: Galería de imaxes de María Victoria Moreno.
O gañadores, amais da satisfacción de ver publicada a súa obra en varias páxinas de referencia na Rede (na Wikipedia en galego e noutras linguas, así como noutros proxectos irmáns, como, por exemplo, Wikiquote), optarán aos seguintes premios (por orde votos): un exemplar do libro de Eli Ríos (2016) Mulleres bravas da nosa historia. María Victoria Moreno de Urco Editora, un bono de 100 USD para gastar na tenda de Wikimedia (https://store.wikimedia.org) e un bono de 50 USD para gastar na tenda de Wikimedia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?