Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O creador de Buscadestinos.com imparte en Vigo un curso de WordPress
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O creador de Buscadestinos.com imparte en Vigo un curso de WordPress

Redacción
Publicado: 21/09/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

aje_curso_wordpress.jpgA semana que vén os profesionais de Vigo e contorna que anden na procura de coñecemento útil en materia de comunicación en liña, efectiva e económica, van ter oportunidade de acadalo. Máis polo miúdo, a través do Obradoiro sobre WordPress para principiantes que organizan AJE Vigo e Esterea na sede da primeira entidade (no número 21 da rúa Marqués de Valladares). A actividade será impartida os días 29 e 20 por José Alcañiz creador de Buscadestinos.com, Quipup.com ou a aplicación Wakaiti.
Alcañiz ten ás súas costas unha ampla experiencia como profesional vencellado ao mundo de Internet (dende 2000) e ten participado nunha manchea de proxectos web e de comercio electrónico.
Segundo informan os organizadores, trátase dun obradoiro eminentemente práctico onde se aprenderá a instalar, configurar e deseñar unha web ou tenda en liña, “sen necesidade de ter coñecementos de programación, e de maneira moi intuitiva”, explican dende AJE Vigo, engadindo que logo de crearen o seu espazo en liña, os alumnos terán recibirán formación sobre as ferramentas máis acaídas para xestionar páxinas web e tendas dixitais con WordPress. Asemade, coñecerán a estrutura troncal e o funcionamento de temas, widgets, menús e plugins co obxectivo de capacitalos para montar practicamente calquera tipo de web ou tenda de forma autónoma.
Alcañiz ten unha ampla experiencia como relatora e formador, sendo profesor da Escola de Negocios IESIDE Afundación desde 2010, e impartindo cursos de formación en novas tecnoloxías e mercadotecnia para a Universitat de Barcelona, Universidade de Vigo, Universidade da Coruña, Xunta de Galicia, AJE Vigo, Confederacións de Empresarios ou AMTEGA entre outros.
Horario do obradoiro
Venres 29 de Setembro, 16:00 – 20:00
Sábado 30 de Setembro, 10:00 – 14:00

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?