Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arranca Pont-Up Store 2017, a mostra pontevedresa do noso pulo innovador
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arranca Pont-Up Store 2017, a mostra pontevedresa do noso pulo innovador

Redacción
Publicado: 22/09/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

pont-up-store-pontevedra-2017.jpgO evento Pont-Up Store 2017, referente galego e estatal do emprendemento innovador deste mes de setembro, inaugúrase hoxe no espazo multiusos do recinto na praza de España de Pontevedra. O acto desenvolverase ante a presenza dos responsables de máis de 40 novas empresas, que estarán toda a xornada de hoxe amosando os seus produtos e servizos nos diferentes stands da carpa instalada na praza de España. Trala apertura, os representantes das entidades organizadoras e colaboradoras realizarán unha visita institucional ao recinto e ao Fab-Lab emprazado nas salas de exposicións da Facultade de Belas Artes e Escola Superior de Conservación e Restauración. O programa da Pont-Up Store 2017 inclúe máis de corenta actividades, entre obradoiros, seminarios, coloquios e encontros. Este programa desenvolverase nunha ducia de recantos da cidade. Por exemplo nas devanditas Facultade e Escola, onde se levan celebrando dende o día 19 obradoiros e coloquios sobre fabricación dixital e creatividade (ao abeiro do Fab-Lab).
Na inauguración participarán Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; Juan Manuel Corbacho, vicerreitor do campus de Pontevedra; Dolores Gonzalez, vicerreitora de Estudantes; Guillermo Viña, xerente de Igape Nova; José Manuel Mourelo, xerente de RSC de Abanca; Alberto Costas, xerente de Alianzas Estratéxicas de R; Pablo Fernández, presidente de AJE Pontevedra; Carmen San Martín, director de Camp Tecnológico Galicia, e Pedro Figueroa, director do Pont-Up Store.
A cuarta edición da Pont-Up Store 2017 celébrase ata o 23 de setembro e vén novamente da man do Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra) no marco do proxecto e especialización CREA S2i. Amais, cóntase coa colaboración de tres ducias de empresas e institucións, co Concello como patrocinador principal e contando co apoio da Deputación.
O programa definitivo do evento foi presentado o pasado 7 de setembro polo seu director, Pedro Figueroa, quen salientou o poder de convocatoria da feira e o seu carácter multidisplinar, amais de “ter capacidade para xuntar empresas de múltiples sectores”, desde a moda, a alimentación ou ecoloxía, ata o deseño gráfico, a educación e as novas tecnoloxías da información, outorgando ademais un “papel moi importante á economía social”, como salientou o director dun evento que reúne a emprendedores de toda Galicia e no que “máis do 33% dos proxectos proceden das vilas e do rural”.
Como dixemos, Pont-Up Store terá como núcleo o recinto da praza de España no que, hoxe e mañá, 41 empresas con menos de tres anos e medio de traxectoria seleccionadas de entre máis de 120 candidaturas amosan á cidadanía os seus produtos e servizos. E fano nos 36 stands cos que conta este recinto e a través de diferentes actividades de dinamización, que abranguen propostas como a arte floral, o álbum ilustrado ou a cata de cervexas, así como no Puntazo Express, evento no que dez emprendedores presentarán o seu proxecto empresarial a perante directivos de compañías galegas referenciais.
A carpa verase complementada, entre outras moitas cousas, cun recanto de foodtrucks, tanto de emprendedores seleccionados como da PonteVan, promovida por diferentes institutos da cidade, así como pola súa prolongación nas salas de exposicións do edificio que comparten Belas Artes e Restauración.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?