Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo impulsa con Ben Empregado 4 a presenza de comunnity managers nas firmas da provincia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo impulsa con Ben Empregado 4 a presenza de comunnity managers nas firmas da provincia

Redacción
Publicado: 25/09/2017
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

presentacion_ben_empregado_iv-deputacion.jpgA Deputación de Lugo vén de anunciar a apertura (este martes 26) do prazo de axudas para impulsar a contratación de persoas desempregadas no seo das entidades da provincia (un mínimo de 150 empresas e colectivos para contratar a outras tantas persoas no paro). A iniciativa, a cuarta edición de Ben Empregado, foi debullada polo deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e a deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo. Segundo fixeron saber, o plan vén con 2,2 millóns de euros, e atinxirá a pequenas e medianas empresas, autónomos e colectivos lucenses. Poderán solicitar axudas de ata un máximo de 22.000 euros coas que asumir, durante 1 ano, os custos pola contratación de novos traballadores do ámbito provincial. Lembrar que entre os postos máis impulsados nas anteriores entregas de Ben Empregado figura o de community manager. Ao abeiro desta etiqueta figuran os profesionais que constrúen, xestionan e administran comunidades en liña arredor dunha marca en Internet.
Os deputados engadiron que Ben Empregado 4 responde a un duplo obxectivo do Goberno provincial: por unha banda combater a taxa de paro na provincia (“xerando postos de traballo de calidade ao incorporar cláusulas sociais nos contratos para salvagardar ou mellorar os dereitos laborais dos traballadores”) e, pola outra, “contribuír ao pulo da actividade do tecido empresarial e asociativo da provincia na procura da dinamización da economía lucense”.
Novamente, segundo se reflectiu na información achegada, unha parte importante do programa irá destinado a fomentar o emprego relacionado coas novas tecnoloxías. Por exemplo os devanditos profesionais community managers, técnicos en informática, especialistas en mercadotecnia dixital ou responsables de proxectos transmedia.
Abránguense tres liñas de financiamento: financiamento ao 100% dos custos laborais de novos traballadores en empresas da provincia cando se traten de persoas “con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral”; financiamento ao 90% dos custos laborais de novos traballadores en colectivos sociais lucenses para “contribuír á importante actividade que desenvolven na provincia en atención á cidadanía”; e financiamento ao 50% dos custos laborais de novos traballadores en xeral en empresas de toda índole e da provincia.
Á hora de conceder as axudas, Santos Ramos e López Izquierdo recordaron que se van favorecer as empresas e colectivos que “non se teñan beneficiados das anteriores edicións co obxectivo de chegar a máis xente; ás que ofrezan contratacións indefinidas do posto subvencionado, medidas específicas de conciliación laboral a todo o cadro de persoal, de protección do medio ambiente ou de responsabilidade social e corporativa”. Ademais, dixeron, “dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas e social, valorarase, positivamente, que os promotores das entidades sexan de nova creación, impulsadas por mulleres, mozos de entre 16 a 35 anos ou maiores de 45”.
López Izquierdo apuntou as obrigas das entidades e colectivos que resulten subvencionados: aceptar o traballador asignado pola Deputación e mantelo no seu cadro de persoal durante un período mínimo de 12 meses de duración; manter o cadro de persoal, incluíndo aos anteriores traballadores das edicións do Ben Empregado, durante a vixencia deste programa; facilitarlle ao contratado os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas tarefas; ou achegar ao organismo provincial nos primeiros 10 días do mes a nómina e xustificante de pago do traballador correspondente.
As entidades e colectivos sen ánimo de lucro da provincia interesadas en participar nesta cuarta edición do Ben Empregado deberán presentar no rexistro da Deputación (ou por calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas) a documentación que se atopa en www.deputacionlugo.gal. Concretamente, no espazo habilitado do Ben Empregado, onde figurarán os anexos I ao X con toda a información.
Preto de 650 novos empregos
Coas tres primeiras edicións do Ben Empregado, o Goberno que preside Darío Campos leva xerado polo de agora un total 644 novos empregos. Co Ben Empregado 1, que é o único que está pechado, xeráronse 234 postos de traballo, que ocuparon 130 son homes e 104 mulleres da provincia. A inserción laboral desta primeira edición, é dicir, o número de persoas que seguen a traballar logo de rematar a subvención da entidade provincial, é do 30%. Co Ben Empregado 2, cando fica un 20% de empresas ás que adxudicar traballador, lévanse xerado ata o de agora 287 empregos, que ocupan 168 homes e 119 mulleres da provincia. Co Ben Empregado 3 son ata o de agora 123 os desempregados lucenses que traballan xa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?