Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo e Ineo convidan cun curso a reflexionar na hipertecnoloxización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo e Ineo convidan cun curso a reflexionar na hipertecnoloxización

Redacción
Publicado: 25/09/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_black_mirror.jpgEntre as actividades formativas que vén de presentar a Universidade de Vigo para a recta final do ano académico figura unha iniciativa directamente encamiñada a avaliar determinadas cuestións de poder e de influencia relacionada coas novas tecnoloxías. Cuestións como por exemplo a seguinte: que pasa, tendo en conta o importante potencial das redes como canles de información activa, cando unha persoa ou un colectivo que é perigoso para a sociedade localiza a clave para sacarlle o máximo rendemento a ese potencial? Dar reposta a estas e outras preguntas, e impulsar o debate e a reflexión arredor dos ricos dun mal uso das TIC é un dos obxectivos do curso Ethics and Technology, coordinado por Íñigo Cuíñas, director da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións (EET), e por Lucía Gregorio, directora xeral da asociación galega de empresas tecnolóxico-dixitais Ineo.
A proxección en versión orixinal da serie británica Black Mirror será o punto de partida dos debates. Segundo Cuíñas, elixiuse esta serie porque se serve de futuro, de posibles situacións futuras, para facernos pensar sobre o presente. O futuro, nos capítulos de Black Mirror, é “un mundo distópico no que o uso compulsivo das tecnoloxías provocou que o colectivo destruíse á persoa individual mediante numerosas intrusións na intimidade que se admitiron como normais ou necesarias”, sinala o coordinador da actividade formativa, engadindo que coa presentación destas situacións búscase que as e os asistentes “reflexionen sobre como están a mudar a nosa sociedade e o noso modo de vida e sobre as consecuencias que estes cambios poden ter para o futuro”.
A iniciativa, explica Cuíñas e Gregorio, non consiste na creación dun foro sobre tecnoloxía, polo que as persoas interesadas non teñen que estar formadas nese ámbito, senón que “ deberán ter capacidade crítica e estar sensibilizadas coa sociedade e o individuo, xa que o obxectivo do curso é recapacitar sobre o futuro que vemos e o futuro cara o que queremos”, apunta Íñigo Cuiñas. Polo tanto, poderá matricularse no curso tanto o alumnado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) e as persoas traballadoras de empresas asociadas a Ineo, como o público en xeral. Os únicos requisitos académicos esixidos son o título de bacharelato e un alto nivel de inglés falado.
As sesións do curso terán lugar todos os venres lectivos entre o 27 de outubro e o 15 de decembro entre as 15.30 h e as 18.00 h. A matrícula, dispoñible en liña a partir do día 1 de outubro tras ter formalizada a preinscrición, ten un custo de 50 euros coa posibilidade de obtención dunha bolsa que cubra estes gastos. As 20 prazas dispoñibles adxudicaranse por orde de inscrición; delas garántese que, 8 estarán destinadas ao alumnado, outras 8, aos asociados á Ineo e as 4 restantes quedarán á disposición do público.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?