Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As Pontes ferveu de espírito Maker da man dos novos Amigus Labs
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As Pontes ferveu de espírito Maker da man dos novos Amigus Labs

Redacción
Publicado: 25/09/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

amigus_labs_post.jpgFinalmente a vertente máis creativa das tecnoloxías, e tamén a vertente máis tecnolóxica da creatividade, foron as protagonistas do novo laboratorio convocado nas Pontes pola asociación Amigus, ao abeiro das súas actividades Amigus Labs. A cita do pasado sábado 23 de setembro, que foi de balde, desenvolveuse no Mercado Vello a xeito de obradoiro Maker no que interactuou e colaborou xente de todas as idades, facéndose especial fincapé en atraer aos máis pequenos de cada casa.
amigus_labs_2.jpg En canto á temática, dicir que foi ben variada: drones, realidade virtual, obradoiros sobre robótica, programación, impresión 3D, radio control videoxogos, equipos de fabricación de kits electrónicos, imaxe e son estiveron presentes nesta exposición, amais da opción de pilotar vehículos aéreos non tripulados ou de viaxar a mundos virtuais. Asemade, achegouse un recanto onde se exhibiron algunhas creacións materializadas ao longo dos últimos anos ao abeiro de Amigus Labs.
amigus_labs_3.jpg Nun plano máis detallado, traballouse nos seguintes: fabricación dixital (exposición de máquinas de fabricación dixital; isto é, impresoras 3D, CNC, fresadoras e exemplos de ferramentas construídas en Amigus Labs e materiais empregados); xogos retro (máquinas recreativas feitas por usuarios dos obradoiros deseñadas e programadas in situ); Minecraft (o senlleiro xogo de Minecraft, hackeado vía Scratch, co que as crianzas puideron xerar cadanseu mundo virtual e manipulalo vía programación); drones e radio control (exposición de drones e vehículos teledirixidos, incluíndo simuladores de voo para que os asistentes tiveran ocasión de aprender a manexar vehículos aéreos non tripulados); laboratorio sonoro (oportunidade para introducirnos nas novas tecnoloxías aplicadas á creación musical), Escornabots (introdución teórico-práctica ao proxecto Escornabot: robot educativo aberto para iniciar aos nenos e nenas máis pequenos no eido da robótica e da programación); robótica Lego (construción, programación e control de robots Lego ensamblados in situ); experimentos Arduino (amosando diferentes proxectos creados con Arduino, a placa libre de creación tecnolóxica e robótica); e unha achega en primeira persoa á realidade virtual.
amigus_labs_4.jpgEste encontro do que estamos a falar levouse a cabo grazas ao apoio da Asociación Informática Amigus, de Amigus Labs, Merca Nas Pontes, o Concello das Pontes, a OMIX local, a Concellería de Cultura, COHEMPO, EuroEume, Nauta, No Ping, Nodo Dixital ou Triade, entre outras entidades.
amigus_labs_5.jpgPechamos a nova anunciando que Amigus Labs xa están a traballar noutro evento (o sábado 14 de outubro) sobre a Industria 4.0.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?