Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ineo co-organiza en Madrid o primeiro Foro Tecnolóxico INTERTIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ineo co-organiza en Madrid o primeiro Foro Tecnolóxico INTERTIC

Redacción
Publicado: 25/09/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ineo_foro_intertic.jpgAs PEME galegas levan tres anos de atraso dixital fronte ás europeas. Este é un dos datos que máis nos tocan de preto dos recentes informes da Confederación Española de Empresas de Tecnoloxías da Información, Comunicacións e Electrónica, CONETIC, que, para combater estas e outras eivas a nivel galego e estatal (como por exemplo a escaseza de profesionais tecnolóxicos, o baixo investimento en I+D, o pequeno tamaño das PEME e os seus límites para medrar) vai celebrar o vindeiro xoves 28 de setembro, en Madrid, a primeira edición do Foro Tecnolóxico, INTERTIC. O evento contará con presenza galega, máis polo miúdo da asociación de empregas de tecnoloxías Ineo, que forma parte da asociación organizadora.
O Primeiro Foro Tecnolóxico Intersectorial dará a coñecer as oportunidades que teñen as pequenas e medianas empresas en escenarios actuais e de futuro en sectores protagonistas da transformación dixital en España, mostrará casos de éxito e identificará oportunidades de colaboración. Amais, o encontro pretende servir de punto de encontro entre as empresas asociadas e os actores relevantes relacionados con sectores estratéxicos, “nun marco de oportunidades de negocio e cooperación empresarial”, explica a organización, engadindo que outro dos obxectivos é pór en xogo “un altofalante das necesidades tecnolóxicas de máis dun millón de PEME en España”.
Ademais dunha visión teórica, os asistentes ao evento poderán coñecer casos de éxito de desenvolvemento de proxectos mediante o uso de tecnoloxías e solucións en diferentes sectores e identificar oportunidades de colaboración B2C e B2B en dinámicas de interacción e networking.
INTERTIC está orientado a directivos e profesionais daquelas empresas que queiran ser, en palabras do presidente de CONETIC, Tomás Castro, “tractoras do cambio preciso na armazón empresarial de España e, que desexen coñecer ferramentas que favorezan o seu desenvolvemento”.
O evento céntrase nas seguintes grandes áreas de negocio: Industria 4.0 (para dar a coñecer a estratexia estatal no ámbito da industria intelixente e innovadora, con posibilidades de financiamento destinado a diagnósticos e implantacións e vindeiras actuacións tanto europeas como nacionais, como a homologación de provedores de diagnósticos para o plan Activa), seguridade da información e ciberseguridade (para mostrar as oportunidades actuais no ámbito da salvagarda dos datos ou o regulamento que en poucas semanas afectará o mundo dos drones e vehículos non tripulados), Administración Electrónica (onde se falará do novo Plan Nacional de Territorios Intelixentes e daranse a coñecer exemplos reais da transformación dixital das administracións e corporacións e Smart Cities) e aplicacións móbiles (contando coa presenza de especialistas como Benoit Tabaka, senior public manager de Google EMEA, quen analizará as oportunidades presentes e vindeiras do mundo do móbil na contorna de Android e dará a coñecer as certificacións e ferramentas existentes para os desenvolvedores e para as PEME nesa contorna).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?