Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Atlas Histiolóxico Virtual da UVigo celebra 10 anos xuntando seareiros de 200 países
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Atlas Histiolóxico Virtual da UVigo celebra 10 anos xuntando seareiros de 200 países

Redacción
Publicado: 27/09/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_atlas-2.jpgO Atlas Histiolóxico Virtual da Universidade de Vigo vén de cumprir unha década de andaina. E faino, en parte, relembrando as orixes do proxecto e dando conta dos seus moitos éxitos galegos, estatais e internacionais. Segundo fan saber os profesores Manuel Ángel Pombal, Pilar Molist e Manuel Megías, investigadores principais do grupo de investigación Neurolam (de cuxo seo abrollou a iniciativa), a proposta inicial coa que se publicaron as primeiras páxinas do atlas virtual foi “crear un sitio web relacionado con diferentes materias da licenciatura en Bioloxía para axudar ao alumnado”. Co tempo foi medrando en contidos e apartados, á vez que se ampliou o número, tipo e a nacionalidade dos usuarios e usuarias.
Este mes cumpre dez anos e celébrao, en palabras dos seus impulsores, “nunha ferramenta moito máis completa dirixida a calquera persoa interesada en estudar a célula e os tecidos animais e vexetais, con seareiros en preto de 200 países, sobre todo en Hispanoamérica, pero tamén en lugares como Estados Unidos ou a India”. Segundo informan, no que vai de ano o atlas rexistrou xa máis dun millón douscentos mil usuarios, unha media duns 9.000 usuarios por día.
Segundo explican, ao longo deste tempo “o tamaño do sitio medrou enormemente”, pero, “tanto no deseño como nos contidos”, tensouse valorar sempre a utilidade da información por enrima doutras consideracións. Seguindo este principio, engaden, “o atlas foi mellorando cos anos, tanto na cantidade e variedade de contidos como esteticamente ou en facilidade de uso”.
O conxunto de seguidores do atlas proceden de 184 países, encabezando a lista de visitas México, de onde proceden o 24% dos usuarios e usuarias, seguido de Colombia (16%), España (9%) e, xa en menor medida, outros países tamén de fala hispana. Pola súa banda, o ránking de lugares non hispanos dos que proceden máis visitantes son Estados Unidos, Brasil e India. “Agora, a medida que imos avanzando na tradución ao inglés dos distintos apartados, medran tamén as porcentaxes de acceso non só desde países como Estados Unidos, senón tamén de Canadá, Malaisia, Indonesia ou Filipinas”, recalcan desde Neurolam. Aínda que non se pode especificar un perfil de usuario típico, os responsables do atlas entenden que está “sendo unha ferramenta empregada maioritariamente por estudantes, non só universitarios, senón tamén do ensino medio, así como gran número de profesionais e persoas interesadas no ámbito da citoloxía e a histoloxía”.
uvigo_atlas_2-2.jpg Respecto da evolución do atlas virtual tivo un medre continuo ao longo destes anos. Conforme foi medrando engadíronse novos apartados sobre os tecidos (histoloxía) tanto animais como vexetais, tales como as seccións dedicadas ás células, aos órganos animais e vexetais, ou ás técnicas histolóxicas. A día de hoxe conta cunha sección de microscopía virtual e outra de descargas, na que ofrecen os contidos en formato MP3 e PDF, e engadíronse algúns vídeos. Outra das novidades foi iniciar a versión en inglés da web.
Respecto das licenzas de coñecemento elixidas, responden a unha firme crenza dos seus impulsores: “O coñecemento e as ferramentas docentes, sexan as que sexan, deben estar dispoñibles para toda persoa que as precise, con independencia da súa nacionalidade ou status social e sen restrición algunha”. E engaden: “O que coñecemos hoxe en día acerca de nós mesmos e de todo o que nos rodea é o resultado dun esforzo colectivo ao longo do tempo; por iso, todo o contido deste sitio atópase baixo unha licencia Creative commons by-nc-sa”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?