Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Wireless Galicia crea unha plataforma para pór en valor o patrimonio industrial europeo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Wireless Galicia crea unha plataforma para pór en valor o patrimonio industrial europeo

Redacción
Publicado: 27/09/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

genius_loci_4_.jpgA empresa Wireless Galicia, con sede en Vigo, desenvolveu unha innovadora plataforma na nube directamente encamiñada a promover e poñer en valor o rico patrimonio industrial europeo, do que a nosa terra (en relación con determinados sectores) tamén é referente. A plataforma, cuxos resultados foron presentados o pasado 21 de setembro na sede do Comité Europeo das Rexións, xa dá acubillo a un conxunto referencial de sitios históricos, museos e empresas tradicionais da rede Industriana. A iniciativa insírese no proxecto europeo Genius Loci, que é o nome que na mitoloxía romana se lle daba aos espíritos protectores do fogar. O proxecto ten a súa orixe en xuño de 2016, con financiamento do programa europeo COSME.
genius_loci_11_.jpgO obxectivo de Genius Loci é “potenciar o turismo relacionado co patrimonio industrial”, co propósito de redescubrir, precisamente, o espírito que perdura en certos territorios esquecidos ou con pouca visibilidade. Polo tanto, a idea é “fomentar a explotación turística deste mercado e con especial énfase no patrimonio industrial das pequenas e medianas empresas”.
O consorcio está formado por socios de Italia, España, Hungría, Malta e Bélxica, este último país representado por E-FAITH, a Federación Europea de Asociacións de Patrimonio Industrial e Técnico, que ofrece toda a súa experiencia e rede ao proxecto. Neste seleccionáronse tres grandes sectores industriais, comúns aos países involucrados na iniciativa, ampliándose a partires de outubro de 2017 a novos sectores coma a industria naval, pesqueiras, salinas, etc. Estes tres grandes sectores son, primeiro, o patrimonio da produción de bebidas alcohólicas (coma cervexa, viño, sidra así como o proceso de destilación de alcohois fortes), segundo, o patrimonio ao redor do tratamento da arxila (ladrillos, azulexos, tellas, pero tamén ladrillos de refracción, cerámica ou tubos de drenaxe) e terceiro, artesanía de téxtil tradicional e todo o relativo ás fibras téxtiles como o esparto ou o liño.
O consorcio, segundo nos contan dende Wireless Galicia, realizou un inventario de sitios históricos, museos, coleccións e empresas tradicionais, pero tamén do patrimonio intanxible vencellado a estes espazos e recantos, lugares que en palabras da empresa atesouran “un coñecemento e un saber facer que definen unha tradición a transmitir a xeracións futuras”.
genius_loci_1_.jpg Durante o desenvolvemento do proxecto levouse a cabo unha selección de 120 lugares representativos, aos que se lles facilitou unha placa con código QR, para que os visitantes accederan en tempo real a contidos multimedia, en varios idiomas, que axudan a entender a actividade e a historia de cada sitio, así como dar visibilidade ao resto dos lugares da Rede Industriana. A placa ten ademais como obxectivo facer de selo de calidade indicando que o lugar pode ser visitable e que se mantén en bo estado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?