Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Salceda presenta un proxecto para subir no carro das TIC ao comercio local
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Salceda presenta un proxecto para subir no carro das TIC ao comercio local

Redacción
Publicado: 28/09/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

salceda_dixital.jpgO Concello de Salceda de Caselas deu a coñecer onte unha iniciativa dirixida a espallar o coñecemento e as habilidades tecnolóxicas entre o tecido económico da vila e a súa contorna. Máis polo miúdo, encamíñase a dinamizar o comercio minorista mediante a integración, no seu seo, de ferramentas innovadoras e medios telemáticos. Trátase de Salceda Dixital e vén da man da Concellería de Comercio e Formación que dirixe a edil Loli Castiñeira. O proxecto quere achegar vantaxes e beneficios aos comerciantes e autónomos locais que desexen ter presenza na Internet e, incrementar e mellorar, deste xeito, a súa comunicación cos clientes, as súas redes de distribución, a súa xestión e, por suposto, a súa visibilidade.
A través del forneceráselles de formación en novas tecnoloxías, ferramentas informáticas e asesoramento e titorías personalizadas. Con este fin, debullaranse de maneira gradual as diferentes metodoloxías e ferramentas dispoñibles (Google My Business, Google+, Facebook, Twitter e Instagram, etc) a día de hoxe para acadar “unha boa presenza na Internet” , captar clientes novos e facilitar a interacción cos que se teñen.
Tal e como sinalaba a concelleira Loli Castiñeira na presentación desta ferramenta, “trátase dun proxecto pioneiro en toda Galicia que xunto co equipo de técnicos do CDL poñemos a disposición dos nosos comercios para facilitarlles o acceso ás novas tecnoloxías, abríndolles un magnífico eido de difusión e captación de clientela que non sempre é suficientemente aproveitado, e ao que os nosos comerciantes poden sacarlle un enorme partido”.
O proxecto está na súa integridade subvencionado polo Concello de Salceda de Caselas, a través das Concellarías de Comercio, Emprego e Formación. As persoas interesadas poden inscribirse no Facebook do CDL O Torrón ou na súa páxina web coa única condición de ter un negocio ou comercio activo en Salceda, e estar dado de alta no réxime da Seguridade Social en Autónomos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?