Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Smart Green Labs (Itelsis) implanta con éxito o sistema de telexestion de redes electricas Sismored
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Smart Green Labs (Itelsis) implanta con éxito o sistema de telexestion de redes electricas Sismored

Redacción
Publicado: 28/09/2017
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

sismored_plataforma.jpgO noso sector da enerxía smart ferve de espírito innovador, e Smart Green Labs, empresa do grupo compostelán Itelsis, é bo exemplo disto. Dende Smart Green Labs desenvólvense solucións tipo Scada para o sector eléctrico en xeral (smart grids), para o sector industrial (solucións M2M) e para o sector terciario (control e xestión telemática de equipos e infraestruturas globais). A iniciativa ten a súa orixe na constatación dun feito: a evolución do sector enerxético cara un ecosistema máis distribuído, descentralizado e competitivo, onde os consumidores xogan un papel cada día máis activo. Segundo nos contan dende Itelsis, isto ten como consecuencia unha demanda clara: aumentar a eficiencia do sector enerxético en termos de custes e calidade de servizo. Para acadalo, engade a empresa galega, “é precisa a modernización das redes eléctricas introducindo novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) con vistas ao seu control e xestión, seguindo a liña marcada polas smartgrids”.
Un exemplo desta introdución eficaz das TIC no ámbito das redes eléctricas é o sistema de seguimento de rede Sismored, achegado por Smart Green Labs. A través del, os clientes do sector da distribución eléctrica poden dispor e ofrecer un servizo máis automatizado, eficiente e fiable. Segundo puidemos saber, a progresiva implantación deste sistema nas empresas está a facer que as súas redes de distribución (grids) deixen de ser pasivas e se convertan en redes intelixentes (smart grids). A súa función principal é proporcionar intelixencia ás redes eléctricas, posibilitando a monitoraxe e o intercambio de información entre os centros de transformación e o centro de control das empresas eléctricas. “É unha plataforma orientada a dispor en tempo real de información sobre a calidade da subministración, e á posibilidade de actuación en remoto sobre a rede”, explican dende Smart Green Labs, engadindo que esta posibilidade de dispor de información de calidade en tempo real permite cousas como reducir custes de explotación, facer diagnósticos previos e diminuír intervención correctivas e preventivas, efectuar control a distancia de sobrecargas en diferentes puntos, controlar a enerxía consumida coa que localizar perdas ou fraudes na instalación, supervisar en tempo real os centros de transformación ou informar de continuo da calidade do servizo.
itelsis.jpgAdemais, Sismored ofrece un amplo rango de medidas, permitindo así obter unha visión clara e comprensiva da instalación eléctrica mediante gráficos (en tempo real ou históricos), listaxes de eventos acontecidos nun rango de tempo configurable, informes, etc, que permiten ao operador levar a cabo un mantemento preventivo das súas instalacións, habilitando á súa vez un exhaustivo control na calidade de subministración eléctrica. Toda esta supervisión poderá ser realizada desde as propias instalacións da compañía, centro de traballo, oficina, ou ben desde calquera punto con conexión a Internet accedendo directamente ao sistema de telexestión.
Características xerais
Sismored é unha plataforma de telemedida e telecontrol de centros de transformación e distribución de enerxía. Permite a visualización en tempo real de infraestruturas remotas e facilita o seu seguimento desde calquera dispositivo (tableta, teléfono intelixente, portátil). Ademais, garante funcións básicas de protección asegurando unha rápida resolución do problema, grazas ao telecontrol e automatización no seccionamento e no peche. Dispón ademais de envío de avisos (vía SMS ou correo electrónico) ante calquera alarma na Rede.
itelsis_2.jpgPor outra banda e amplificando o devandito, dispón de medida de parámetros de calidade da rede (supervisión de harmónicos de tensión e corrente, factor de potencia) e ferramentas para a elaboración de informes (grazas ao almacenamento de todos os parámetros medidos). A maiores, é unha ferramenta adaptable a todo tipo de contornas diferentes e con capacidade de evolucionar e desenvolverse, achegando a máxima compatibilidade con equipos dunha chea de fabricantes.
Casos de éxito
Entre as empresas nas que foi implantando con éxito este servizo atópase UDESA, compañía de distribución de enerxía eléctrica con máis de 8.500 clientes distribuídos en 350 CT de transformación, na que se instalou unha plataforma Sismored con equipamento de telemando e telemedida nos CT da rede. Para o sistema de visualización habilitouse un vídeo-wall no centro de control, cunha resolución de 3.240 x 1.920 pixeles e no que se representa a información de toda a rede de distribución.
Outra das firmas que gozan xa desta tecnoloxía é Electra de Santa Comba, unha empresa de distribución de enerxía eléctrica con máis de 4.600 clientes e que dispón dunha subestación propia e máis de 100 CT. Arestora dispón do sistema Sismored con equipamento de telemando e telemedida nos centros de distribución máis importantes da eléctrica, nos cales se integraron entre outros recursos, cabinas de seccionamento, analizadores e relés. Ademais, neste proxecto integrouse unha subestación de MT completa. A maiores e aproveitando as sinerxías do Grupo Itelsis, deseñouse e instalouse unha rede de fibra óptica con máis de 10 quilómetros de lonxitude para comunicar os diferentes CT e a subestación co centro de control.
Aos devanditos casos de éxito engádense (entre outros) os de Eléctrica Los Molinos (empresa distribución de enerxía eléctrica con máis de 3.500 clientes, unha subestación propia e máis de 100 CT e varios puntos fronteira) e Electra del Gayoso (firma de distribución de enerxía eléctrica con máis de 50 CT de transformación e dous puntos de fronteira).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?