Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega OpSeeker, primeira startup estatal no programa de aceleración Startupbootcamp fintech
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega OpSeeker, primeira startup estatal no programa de aceleración Startupbootcamp fintech

Redacción
Publicado: 02/10/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

opseeker_dkt_zidwkaao0th.jpgA startup santiaguesa OpSeeker, especializada en adestramento financeiro en liña, foi seleccionada pola aceleradora de proxectos tecnolóxicos Startupbootcamp para o seu programa de impulso empresarial destinado a firmas de nova creación pertencentes aos aos sectores fintech e ciberseguridade. Segundo nos contan dende OpSeeker, esta aceleradora emprazada en Ámsterdam ofrece un programa de tres meses nesta cidade e, dende alí, centra os seus esforzos en preparar ás novas firmas seleccionadas para traballar con compañías financeiras líderes en todo o mundo. Entre os socios da aceleradora atópanse Mastercard, PwC, Lloyds, Rabobank, ING ou ABN Amro.
sbc-selection-days-selected-teams.jpgNesta edición, un total de 11 compañías foron seleccionadas entre as 541 solicitudes enviadas desde 73 países. Os equipos seleccionados deberán “superar agora tres meses de duro traballo”, sinalan dende Opseeker, explicando que ao remate deste camiño de adestramento agárdalles o Demo Day, que será en febreiro do 2018 e que servirá para que as participantes presenten os seus resultados a centos de startups, tech influencers, mentores, socios e investidores. Recibirán tamén 15.000 euros de investimento e, asemade, un espazo para traballar na capital holandesa. Ademais, terán a oportunidade de traballar de xeito conxunto con empresas como Rabobank, ABN Amor, ING, PGGM, Nationale Nederlanden ou De Volksbank, entre outras.
En palabras do director executivo (CEO) de OpSeeker, Gonzalo Camiña, “a nosa proposta de mellorar a saúde financeira dos clientes das grandes institucións financeiras non puido ter un mellor recibimento en Holanda, un país que, malia o seu magnífico sistema económico e financeiro, quere sempre mellorar a súa proposta de valor para o cliente final”.
Segundo engade, para o proceso de selección na Startupbootcamp foi clave a participación de OpSeeker no programa Santander Yuzz, no que “fomos elixidos gañadores do VIII Edición no Centro de Santiago de Compostela”. Amais disto, tamén foi decisiva a concorrencia de OpSeeker no programa de aceleración de ABANCA Innova by Conector. “Sen estas dúas magníficas experiencias non poderiamos conseguir entrar no programa de Startupbootcamp”, explica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?