Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo intégrase na organización que impulsa o avance dos sistemas de comunicación 5G
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo intégrase na organización que impulsa o avance dos sistemas de comunicación 5G

Redacción
Publicado: 02/10/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O investigador da Universidade de Vigo, Felipe Gil
O investigador da Universidade de Vigo, Felipe Gil
A Universidade de Vigo xa é membro oficial da entidade internacional que traballa nas tecnoloxías de comunicación 5G, que é a nova xeración de banda larga sen fíos, con capacidade para meirandes velocidades, cobertura e funcionalidades cá actual (a tecnoloxía LTE-4G) e con potencial para ser 100 veces máis rápida. A entidade internacional na que vén de xuntar forzas a UVigo non é outra que a OpenAirInterface (5G software alliance for democratising wireless innovation), unha alianza que promove a creación de novas solucións abertas para o núcleo de rede (EPC), a rede de acceso e os equipos de usuario para as futuras redes de comunicación 5G.
Segundo informa a Universidade, a súa concorrencia materialízase a través da área Data Networks de AtlantTIC, sendo o investigador do grupo GTI Felipe Gil a persoa que se encargará de xestionar esta colaboración. Segundo explica, OpenAirInterface Software Alliance é “unha organización sen ánimo de lucro que se financia con contribucións dos socios empresariais e que busca avanzar nas tecnoloxías de comunicación 5G”. Para iso, engade, “a organización está desenvolver compoñentes software que permitan crear unha rede de comunicación 4G ou 5G empregando hardware comercial ao alcance de calquera”. Segundo salienta Gil, “esta organización está a dar forma ás pezas que farán posible que o avance na creación dos sistemas de comunicación 5G sexa máis rápido, xa que ao publicalas como código libre facilítase a participación de máis entidades e investigadores, e ata agora, a maior parte da investigación só a podían facer os grandes vendedores de equipos de telecomunicación”.
Entre os membros desta institución está Eurecom, centro de investigación francés que lanzou a iniciativa, así como empresas como Nokia (cos seus laboratorios de investigación Bell Labs), Fujitsu, Orange, Technicolor e TCL (propietarios das marcas Alcatel e Thomson) ou diversas universidades e entidades de investigación como universidades estadounidenses, francesas, inglesas, alemás, chinesas e españolas.
A entrada da institución viguesa nesta asociación responde á estratexia aliñada coas novas tecnoloxías NFV (Virtualización de funcións de Rede) e SDN (Redes Definidas por Software) aplicadas especificamente ao novo marco tecnolóxico que abre o 5G. Así, a Universidade de Vigo participará “nunha iniciativa punteira mundial” que xa está achegando resultados que van cambiar os sistemas de comunicación móbiles. Por un lado, engade, “permítenos estar ao día das últimas novidades e, por outro, contribuír e influír neses avances”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?