Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Casa das Campás achegará cursos de recursos web, xestión de redes sociais e Photoshop
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Casa das Campás achegará cursos de recursos web, xestión de redes sociais e Photoshop

Redacción
Publicado: 04/10/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_casa_campas_2017_cursos.jpgA Aula Tecnolóxica da Casa das Campás (Campus de Pontevedra) vén de presentar o seu programa formativo para o que resta de ano, dirixido, unha vez máis, tanto á comunidade universitaria como ao conxunto da cidadanía. O abano de temáticas dos cursos será variado abondo: haberá de deseño web, de tratamento de imaxes e de xestión das redes sociais. Ademais, achéganse novas edicións dalgúns dos cursos que máis interese espertaron en anos anteriores e aos que se suma como novidade o taller Iniciación aos recursos web para a educación, que Isaac Gómez Figueroa impartirá entre o 20 de novembro e o 5 de decembro e que se dirixe a mostrar a importancia que teñen as TIC no ensino e identificar unha serie de ferramentas web que poden ser útiles neste eido.
Cun límite de 20 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición, a matrícula nestas actividades, de carácter gratuíto, abrirase nos vindeiros días na plataforma Bubela.
O programa de cursos, de 12 horas de duración (divididas en catro ou seis sesións), bota a camiñar o 17 de outubro con Introdución e fundamentos da maquetación frontend con CSS. Impartido polo deseñador e ilustrador Alberto García, este obradoiro dividido en catro sesións, diríxese a dotar ao alumnado dos fundamentos básicos para poder adaptar a aparencia das webs a diferentes dispositivos de visualización a través do maquetado de documentos por medio de follas de estilo CSS (para esta actividade recoméndase que o alumnado posúa coñecementos de linguaxe HTML).
García Ariza será así mesmo o responsable de Introdución ao retoque fotográfico con Adobe Photoshop, que se desenvolverá en catro sesións, os días 20 e 27 de outubro e 3 e 10 de novembro. Sen necesidade de coñecementos previos, este curso “busca amosar ao alumnado como realizar manipulacións básicas de edición e retoque dixital, así como a xestionar de forma eficiente o seu banco de imaxes persoais”, explican os responsables da Aula Tecnolóxica, que engaden que entre o 18 de outubro e o 9 de novembro, a Aula Tecnolóxica acollerá, en seis sesións, o curso Introdución ao community management, no que a profesional deste eido Marta Crespo Cruces afondará co alumnado no coñecemento das principais redes sociais e da contorna 2.0, “co propósito de achegar aos participantes ás ferramentas necesarias para o se seguimento, medición e para a súa xestión estratéxica dentro do plan de comunicación e mercadotecnia dunha empresa”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?