Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SIVSA e Gradiant impulsan un revolucionario proxecto para axudar aos médicos nas súas decisións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SIVSA e Gradiant impulsan un revolucionario proxecto para axudar aos médicos nas súas decisións

Redacción
Publicado: 04/10/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

sadas.jpgSeguimos sendo un referente en novas tecnoloxías e saúde? Sen dúbida si, e un exemplo recente disto é o proxecto SADAS, dirixido a materializar un sistema para axudar na toma de decisións médicas. A iniciativa, liderada pola empresa galega SIVSA, encamíñase a clarificar información, facendo sinxelo e manexable o que doutra maneira serían datos a gran escala sen posibilidade de converterse en útiles para médicos e profesionais sanitarios (información almacenada nos rexistros electrónicos de pacientes, resultados das investigación clínicas, xenomas individuais, rexistros xerados polos propios pacientes por medio de dispositivos e plataformas de saúde móbil, etc). O proxecto SADAS está financiado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade (MINECO) na convocatoria Retos-Colaboración 2016 e co-financiado con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER). No proxecto participan o Centro Tecnolóxico Gradiant, a Fundación Biomédica Galicia Sur e facultativos do Hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo, e do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).
O principal obxectivo do proxecto SADAS céntrase no desenvolvemento dun sistema de soporte á decisión clínica (SSDC) que permita aos facultativos axilizar a toma de decisións á hora de tratar aos pacientes. Segundo nos contan dende o Centro Tecnolóxico Gradiant, os SSDC defínense como servizos ou aplicacións software que integran os datos do paciente cunha base de datos de coñecementos médicos. Basicamente, este sistema “incorpora un mecanismo de inferencia que favorece a procura de resultados (en forma de recomendacións) adaptada ás necesidades do paciente, por exemplo, para o coidado, as avaliacións, as alertas e os recordatorios, apoiando activamente aos profesionais na toma de decisións clínicas”, tal e como indica Helena Fernández, directora de eSaúde de Gradiant.
En palabras de Marta Cubilot, directora de Planificación Estratéxica de SIVSA, “SADAS permitiranos fornecer de servizos de apoio á decisión clínica de última xeración dos que calquera sistema de historia clínica electrónica podería beneficiarse”. Trátase, engade, “dun sistema versátil, válido para calquera rede hospitalaria”.
A finalidade xeral do proxecto SADAS é o desenvolvemento dun Sistema de Soporte á Decisión Clínica (SSDC) que emprega un enfoque de arquitectura e compoñentes baseados en estándares abertos que faciliten a súa conexión a calquera sistema de información hospitalaria, así como a dispositivos médicos ou implantables conectados, sensores ou a sistemas mHealth que poidan ter os doentes. Segundo explica Fernández, “os módulos SSDC desenvolvidos están pensados para axudar aos profesionais médicos na súa actuación en diferentes casos de uso como son o apoio á prescrición de fármacos ou o seguimento de pacientes con múltiples tratamentos; trátase en definitiva de mellorar a calidade asistencial e a eficiencia dos sistemas sanitarios así como de reducir os erros médicos e as súas consecuencias sobre a saúde das persoas”.
A equipa que dirixe Fernández ocúpase de deseñar os compoñentes centrais dun SSDC baseado en estándares abertos desenvolvidos por organizacións internacionais, como HL7; e cun enfoque de arquitectura orientada a servizos (SOA, polas súas siglas en inglés).
Porén, malia as vantaxes dos SSDC, a maioría das decisións clínicas fanse sen a axuda de sistemas computarizados. Respecto dos atrancos a salvar, Lorena González, investigadora do equipo de eSaúde de Gradiant, explica que “aínda hai barreiras para a adopción ampla dos SSDC, debido ao alto axuste que existe a día de hoxe entre estes e sistemas software específicos”. Segundo indica, para superar estes atrancos é importante que os sistemas “falen” estándares abertos que todos poidan entender, “facilitando a transferencia de coñecementos clínicos entre todas as aplicacións”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?