Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O dominio .gal celebrará os 40 anos do Museo do Pobo Galego con descontos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O dominio .gal celebrará os 40 anos do Museo do Pobo Galego con descontos

Redacción
Publicado: 05/10/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

sinatura_puntogal_museo.jpgO Museo do Pobo Galego cumpre o vindeiro 29 de outubro corenta anos de vida e para celebrar este aniversario, a Asociación PuntoGal fará unha oferta no prezo dos dominios durante a primeira quincena do mes de novembro, durante a cal divulgará na súa páxina web e redes sociais as actividades que realice o Museo, ademais de repasar os principais servizos e fitos históricos do centro museístico.
Os termos desta colaboración están recollidos no convenio asinado esta mañá entre ambas entidades en Santiago de Compostela, no que se indica que a Asociación PuntoGal realizará unha promoción especial para o público en xeral durante a primeira quincena de novembro co gallo do corenta aniversario do Museo do Pobo. Esta iniciativa supón que o prezo dos dominios baixe ata os 25 euros + IVE. Igualmente, a Asociación PuntoGal realizará outra oferta para a compra de dominios para todos os socios do Museo.
O presidente do padroado do Museo, Justo Beramendi, salientou que «a sinatura deste convenio sintoniza á perfección coa razón de ser do museo que é fortalecer as raíces sociais da identidade propia de Galicia». Manifestou tamén a súa satisfacción porque este novo paso no camiño común das dúas entidades veña sumarse ás demais actividades de celebración do corenta aniversario.
sinatura_puntogal_museo_2.jpgPola súa banda, o presidente de PuntoGal, Manuel González, sinalou que o Museo do Pobo «é o símbolo de preservación da nosa cultura espiritual e material, fundamento da nosa identidade, da nosa maneira de ver o mundo e mesmo de moitos elementos que caracterizan a nosa lingua». O dominio .gal, engadiu, «ten como función fundamental o reforzamento da nosa identidade como pobo na sociedade do futuro. O Museo e o dominio son, pois, dous esteos fundamentais, distintos pero complementarios, para visibilizar a nosa personalidade no pasado e no futuro».
González quixo aproveitar a ocasión para darlle os parabéns ao Museo «por estes 40 anos de servizo xeneroso a Galicia, e coa sinatura deste convenio queremos salientar a importancia da colaboración das nosas institucións para profundar na cohesión social do noso pobo, visibilizar os nosos sinais de identidade, poñer en valor a cultura propia e aumentar a autoestima da nosa xente».
O director xeral da Asociación PuntoGal, Darío Janeiro, dixo que a colaboración entre ambas entidades é unha máis das iniciativas que está realizando PuntoGal con distintas organizacións e colectivos para dar a coñecer e aumentar o número de dominios .gal, que xa superan neste momento os 4.100 rexistros. Janeiro quixo manifestar o seu agradecemento «polo apoio constante, dende o primeiro momento, do Museo do Pobo a este proxecto común», lembrando que o Museo «formou parte do grupo de dominios do programa de pioneiros” e que “sempre participan das actividades da asociación de maneira construtiva e activa. Non hai mellor forma de agradecerllo que apoialo e difundir o seu valioso traballo durante este aniversario».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?