Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O INE informa: oito de cada dez galegos usamos hoxe a Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O INE informa: oito de cada dez galegos usamos hoxe a Rede

Redacción
Publicado: 05/10/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

standard_1500x1125_teenondevices.jpgO INE vén de achegar datos actualizados sobre o equipamento e o emprego das novas tecnoloxías nos fogares ao longo do ano en curso. Segundo o informe recente do INE, o 79,4% dos galegos e galegas de 16 a 74 anos fixeron uso de Internet nos tres últimos meses, cun incremento do 6,4%, con respecto ao ano anterior. Estas cifras supoñen unha taxa de medre superior ao do conxunto do Estado (5%), o que é posible que teña a súa explicación nunha situación previa de datos baixos (polo que, para entendernos, só restaba medrar rapidamente). Porén, o informe tamén reflicte que a suba máis salientable refírese ao dos nosos maiores, a porcentaxe de persoas de idades comprendidas entre os 65 e os 74 anos. Neste treito, o uso da rede subiu un 45% respecto ao ano anterior.
No reconto de cifras tamén se fan saber cousas como que o 69,7% das nosas crianzas dispón de teléfono móbil (coa media estatal nun 69,1%), que máis do 47% dos fogares galegos dispoñen de tableta e que case tres de cada cidadáns mercou algún produto ou servizo a través de Internet no último trimestre (o que guinda unha taxa de crecemento do 5,6% en relación ao ano anterior).
Segundo a análise deste informe realizada polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), “unha das conclusións positivas desta enquisa do INE é que o uso das TIC por parte da mocidade galega supera á media estatal nalgúns indicadores”. Así, engade o observatorio, a práctica totalidade dos mozos galegos de 16 a 24 anos utilizaron Internet nos últimos tres meses, superando a media estatal en 2 puntos porcentuais. Ademais, “un 61,9% poboación galega de 25 a 34 anos supera en 4,7 puntos a media estatal nas compras a través Rede”.
Segundo os datos que ofrece o INE, o 78,8% dos fogares galegos ten contratado Internet. Respecto ao tipo de conexión, cabe salientar que entre as vivendas que dispoñen de acceso a Internet en Galicia, un 75% emprega unha conexión móbil de banda larga través dun dispositivo de man, situándose en valores próximos á media estatal (76,1%).
Respecto dos datos relativos ao tamaño do hábitat, OSIMGA salienta que nos concellos con poboación de entre 50.000 e 100.000 habitantes, “a media galega supera á estatal na contratación a Internet e a banda larga”. Nestes concellos, “a porcentaxe de vivendas con conexión de banda larga contratada sitúase no 95,8% fronte ao 84,3% da media estatal”.
Nos concellos galegos de menos de 10.000 habitantes, a conexión de banda larga contratada medrou un 4,1% situándose no 72%.
Como novidade, a enquisa pescudou o emprego colaborativo de Internet para facer cousas como concertar con outra persoa aloxamento (habitación, apartamento, casa, etc.) ou servizo de transporte (coche, por exemplo). Do total de usuarios de Internet nos 12 últimos meses en Galicia na franxa de idade de 16 a 74 anos (1.609.382 usuarios), o 15,9% utilizaron páxinas web ou aplicacións móbiles para acordar con outro particular un aloxamento; é dicir, máis de 255.000 galegos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?