Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Daniel Cerqueiro amosará ante o comercio de Ferrrol os pasos a seguir para ter éxito coas TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Daniel Cerqueiro amosará ante o comercio de Ferrrol os pasos a seguir para ter éxito coas TIC

Redacción
Publicado: 06/10/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

daniel-cerqueiro.jpgA Asociación de Empresarios Ferrolterra (AEF) celebra o vindeiro martes 10 de outubro un obradoiro de mercadotecnia en liña (en inglés, márketing online) dirixido aos sectores comercial e hostaleiro e máis ao público en xeral. A finalidade da cita, en palabras da asociación, é “dar as claves para que os empresarios aprendan a promover os seus negocios a través de Internet, amosando as ferramentas máis eficaces para acadalo”. A xornada, apoiada polo Concello de Ferrol, contará coa presenza de Daniel Cerqueiro, xerente da empresa galega Abertal e un dos nosos principais expertos en mercadotecnia dixital, con dilatada experiencia formativa e de asesoramento en varias organizacións galegas.
A cita desenvolverase en horario de 16.30 a 18.30 horas no Antigo Hospicio de Ferrol. A maiores dos devanditos obxectivos, outra das finalidades do evento é “dar unha visión global das estratexias dixitais, mellorando o funcionamento e a calidade dos servizos comerciais e da hostalería, especialmente no relacionado coas novas tecnoloxías.
O obradoiro dará comezo ás 16.45 horas cun relatorio a cargo de Daniel Cerqueiro, quen achegará as claves para que unha PEME “desenvolva unha axeitada estratexia dixital”. Cerqueiro, amais do seu labor en Abertal, é o fundador da empresa Galinus Taller de Novos medios e arestora desenvolve unha manchea de actividades relacionadas con Internet e as TIC. Ademais é un dos socios promotores de Phottic (Abertal) e leva a cabo labores de CMO (responsable de mercadotecnia) de Enxendra, participando ademais en accións formativas na Universidade de Santiago e asesorando a diversas organizacións e entidades como Startup.gal, Laconnetwork, Clúster TIC de Galicia, AGAL e Intermon Oxfam, entre outras.
Segundo informa a organización da xornada, rematada a charla inicial, ás 17.30 horas Daniel Cerqueiro explicará o caso de éxito da Mercería Sarabia de Vigo, unha tenda de barrio que, “a través da venda en Internet e o uso das redes sociais, converteuse no segundo vendedor de produtos de mercería online en España”. Cerqueiro estará acompañado do propietario do negocio, que explicará como foi a experiencia e cales son os segredos para triunfar co uso das tecnoloxías dixitais.
Por último, ás 18.00 horas, os asistentes poderán consultar as dúbidas que teñan sobre o que se fale durante a xornada, establecendo un diálogo aberto sobre os temas de máis interese.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?