Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Bahía afianza o seu proceso de medre e inaugura instalacións en Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Bahía afianza o seu proceso de medre e inaugura instalacións en Ourense

Redacción
Publicado: 09/10/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

inaguracion_bahia.jpgA empresa TIC Bahía Software inaugurou o pasado 29 de setembro unha nova sede de seu na cidade de Ourense, a engadir á que xa tiña previamente en Santiago de Compostela, onde están situadas as oficinas centrais da firma. A apertura das novas dependencias son froito do proceso de espallamento no que está mergullado Bahía, tanto no que se refire a liñas de traballo despregadas como no que atinxe ao número de traballadores, que se duplicou nos últimos catro anos e que xa chegou á cifra de 160. Como consecuencia deste medre de Bahía, as oficinas centrais de Compostela tamén serán obxecto de ampliación ao longo do ano vindeiro. A renovación das instalacións, tanto nunha coma noutra cidade, responde o interese de “mellorar o espazo onde desenvolven o seu labor os profesionais que conforman o persoal”.
Segundo informan fontes da empresa galega de novas tecnoloxías, esta rexistrou un crecemento sostido no tempo en canto a proxectos e clientes durante os últimos anos. Este incremento produciuse tanto no sector público como no privado, cun fortalecemento especial nas áreas de negocio intelixente, mobilidade e Investigación e Desenvolvemento (I+D), con “importantes proxectos innovadores”, segundo explican dende Bahía, engadindo que esta “aposta decidida polo talento” supuxo que o persoal duplicase o seu número nos últimos 4 anos, “de forma que na actualidade está integrada por 160 traballadores, sumadas a oficina central de Santiago e a de Ourense”. A estimación de Bahía Software é que esa tendencia se consolide no que resta de ano e o vindeiro 2018.
Respecto das instalacións de Ourense, as novas oficinas diríxense a amplificar ao máximo unha actividade sostida na cidade das Burgas que xa se remonta (fisicamente, con presenza propia) a 2015, ano no que Bahía contaba alí con 10 empregados. Na actualidade, o persoal ascende a 30 profesionais e a previsión é crear a medio prazo outros 30 postos de traballo máis. As oficinas teñen unha superficie de 250 metros cadros e están situadas na céntrica praza de Santa Eufemia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?