Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ABANCA e USC salientan as vantaxes das TIC no envellecemento activo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ABANCA e USC salientan as vantaxes das TIC no envellecemento activo

Redacción
Publicado: 10/10/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

envellecemento_informe_presentacion.jpgAfundación (ABANCA) e a Universidade de Santiago (Grupo USC-PSICOM) presentaron hoxe un informe sobre envellecemento activo e as metodoloxías futuras máis axeitadas para alentalo e para afrontar con saúde e calidade de vida un fenómeno demográfico (o envellecemento da nosa poboación) que irá a máis nos anos vindeiros (en 2031 o 39% dos galegos terá máis de 60 anos). O informe conclúe que as persoas que participan nos programas de envellecemento activo, cuxa base está constituída en boa medida polo uso das TIC, mostran “niveis significativamente mellores”, tanto na saúde global, como na participación e a contribución social en relación a outras persoas da mesma idade, igualmente autónomas e independentes, pero que non participan en actividades.
O estudo realizouse grazas a unha nova ferramenta deseñada pola Universidade de Santiago, o Índice Persoal de Envellecemento Activo (IPEA USC), en palabras da institución académica compostelá “a primeira no mundo que permite avaliar e cuantificar o nivel de envellecemento activo particular de cada individuo”. Con este recurso o equipo de traballo da USC fixo 391 entrevistas a persoas maiores de 55 anos divididas en dous grupos: socios que acoden a programas de envellecemento activo e persoas que non participan en ningún tipo de actividades destas características. Para avaliar o impacto tivéronse en conta as dúas dimensións que constitúen o envellecemento activo a nivel persoal, a participación global (que se refire ao emprego, a participación social, a formación continua, o uso das novas tecnoloxías da información e o lecer) e a saúde integral (que inclúe a saúde física, funcional, cognitiva, o estado afectivo e o estado social). A conclusión é que os participantes nestes programas teñen un nivel de envellecemento activo elevado, de 0,71 sobre 1, dez puntos máis que os que non participan, o que, en palabras da USC e ABANCA, “probaría a súa eficacia”.
No estudo dise ademais que “en xeral, as persoas que realizan actividades deseñadas especialmente para promover un envellecemento activo teñen un estado de saúde que supera en 6 puntos os que non seguen estes programas”. En termos concretos, teñen menos doenzas e síntomas físicos, maior satisfacción co seu estado de saúde, mellor funcionamento cognitivo e están máis activos dende o punto de vista mental.
Na investigación, respecto da participación global dos maiores, a diferenza nos índices elévase ata 14 puntos como media. Así, sinálase, os usuarios destes programas “participan máis na sociedade e xeran máis contribución social, usan máis frecuentemente as TIC e gozan dun lecer máis variado e estimulante”.
Partindo destes resultados, sinalou na presentación dos mesmos Sabela Couceiro, coordinadora de Envellecemento Activo de Afundación, “extraéronse unha serie de recomendacións para reforzar os aspectos máis febles do programa e, desa maneira, favorecer un envellecemento activo de maneira máis integral”. Algunhas propostas son: “Incluír estratexias para xestionar as emocións e favorecer estados de ánimo positivos, levar a cabo accións que favorezan a participación e a contribución social e incidir nas actividades que contribúen a aumentar a autonomía, a autoaceptación, o crecemento persoal e a visión máis positiva da vellez”.
Couceiro tamén recordou que a Afundación dispón dunha rede propia de 11 espazos, situados nas sete principais cidades galegas e noutras catro poboacións (Betanzos, Monforte, Pontedeume e Viveiro). Os centros, que contan na actualidade con máis de 12.000 persoas socias, foron concibidos “como espazos destinados a conseguir que a etapa vital que iniciamos coa xubilación siga ofrecéndonos oportunidades de medrarmos persoalmente e de continuar formándonos”. Con este obxectivo, ofrécese unha programación que abrangue “diferentes dimensións do envellecemento activo”, con diversidade de propostas que se estruturan en cinco bloques: hábitos saudables, cultura e expresión artística, formación e coñecemento, novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e lecer activo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?