Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CCSS da Comunicación impulsa unha web para promover a creatividade do alumnado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CCSS da Comunicación impulsa unha web para promover a creatividade do alumnado

Redacción
Publicado: 10/10/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_a_canteira.jpgA Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Campus de Pontevedra) vén de impulsar unha web para dar acubillo e visibilidade aos traballos do alumnado e dos estudantes que xa remataron os seus estudos: proxectos audiovisuais, fotográficos ou de gráfica publicitaria. O resultado, polo de agora, é unha xanela múltiple a máis dun cento de contribucións, cada unha delas (grazas á esta nova web) coas súas oportunidades de promoción perante o sector empresarial. A Canteira, así se fai chamar o sitio en liña, foi impulsado polos egresados Iago Souto (que se encargou do fornecemento de contidos) e David Cegarra (que se encargou da parte técnica), no marco do traballo de fin de grao do primeiro.
Segundo fixeron saber na súa presentación “A Canteira é unha web que pretende ser un portfolio para dar visibilidade aos alumnos das distintas titulacións e que ao mesmo tempo quere servir como ferramenta de promoción para a facultade e para que as empresas poidan buscar aquí novos talentos”. A iniciativa, que reúne tanto traballos realizados para diferentes materias como proxectos desenvolvidos fóra das aulas polos estudantes, contou co apoio do Consello Social da Universidade, que fixo posible a incorporación de Segarra ao proxecto, e do Campus CREA S2i.
En total, reuníronse para o seu lanzamento 109 traballos, divididos nas categorías audiovisual, bandas sonoras, fotografía, gráfica, multimedia e premiados, aos que irán sumándose agora os diferentes contidos que incorpore o propio alumnado. “A idea”, sinalaron, “é que a páxina web poida seguir funcionando de forma automática, cunha pequena supervisión, e que os novos usuarios poidan xerar contidos subindo os seus traballos e facendo crecer á páxina”. Tamén explicaron que se trata dun sitio en liña escalable, ou sexa, con capacidade para evolucionar, adaptarse e medrar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?