Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os cambios da revolución dixital nos estudos humanísticos, a debate na USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os cambios da revolución dixital nos estudos humanísticos, a debate na USC

Redacción
Publicado: 10/10/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

usc_filoloxia_humanidades_dixitais.jpgA Facultade de Filoloxía de Santiago (USC) acolle estes días, ata este mércores 11, unha xuntanza destinada a alentar o debate arredor dos estudos do medievalismo e os novos recursos dixitais de coñecemento, información e comunicación. O congreso internacional Humanidades Dixitais: olladas cara á Idade Media vén da man da Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares e foi concibido, en palabras da Rede, “como un espazo aberto a propostas de carácter transversal e multidisciplinar”. Tocaranse e avaliaranse metodoloxías, aplicacións prácticas de ferramentas tecnolóxicas (por exemplo os recursos relacionados coa xeoposición) e estudos concretos sobre “os cambios que a revolución dixital está a supoñer nos estudos humanísticos”.
A decana do centro, María José López Couso, presidiu a sesión inaugural no salón de graos da Facultade de Filoloxía. O encontro estenderase como dixemos ata o mércores 11 e contará con varias conferencias plenarias a cargo de figuras destacadas nestas disciplinas e que proceden de distintas institucións europeas: Universidade Complutense de Madrid (José Manuel Lucía Megías), Universidade de Salamanca (Mª Nieves Sánchez González de Herrero e Leyre Martín Aizpuru), Centre Tecnològic de Catalunya (Ana Requejo), Agència Catalana del Patrimoni Cultural de la Generalitat de Catalunya (Albert Sierra), Laboratorio de Innovación en Humanidades Digitales (LINHD-UNED) e Politécnico do Porto (Mariana Curado Malta) e da Austrian Academy of Sciences (Mihailo Popovic).
Acompañando as conferencias preto de trinta investigadores dos ámbitos estatal e internacional presentarán os seus traballos en máis de vinte comunicacións, artellados en nove sesións de distinta temática: a edición dixital, as exploracións do espazo, a arte e a iconografía ou os recursos dixitais son algúns dos eixos centrais. Ademais disto, a organización tamén informou de que se está a reservar un espazo de interacción directa para presentar seis proxectos co nexo común de pór en práctica distintas ferramentas das humanidades dixitais. As persoas interesadas poden acadar máis información na web www.usc.es/estmedin/hd/.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?