Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A rede SmartPEME da Deputación de Pontevedra organiza máis de 30 obradoiros en outubro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A rede SmartPEME da Deputación de Pontevedra organiza máis de 30 obradoiros en outubro

Redacción
Publicado: 11/10/2017
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

smartpeme_deputacion_pontevedra-5.jpgA Deputación de Pontevedra presentou os días pasados o seu programa de actividades formativas TIC (máis de trinta obradoiros en total) ao abeiro da rede SmartPEME, constituída polas sedes operativas de Pontevedra, Vigo, Porriño, Ponteareas, Cambados e Lalín, dende as que os profesionais da Deputación (en colaboración cos Concellos e as asociacións) despregan un importante labor de capacitación dixital ao servizo de autónomos, PEME e traballadores. Segundo puidemos saber, a área de Vigo (sedes de Vigo, Ponteareas e Porriño) están a achegar estas semanas un total de 17 obradoiros. Haberá achegamentos a Facebook, a metodoloxías para visualizarnos nos buscadores ou a creación de páxinas web.
As quendas para o mes de outubro na oficina de Vigo (número 3 da rúa Oporto) son as seguintes: Mostrario virtual: a fotografía e o produto no medio en liña o martes 10 outubro. A seguinte semana, o xoves 19, desenvolverase Promove o teu perfil en Facebook con aplicacións externas (na sede de AJE Vigo). Por último, o martes 24 de outubro, o obradoiro A túa páxina web en menos de 90 minutos e o martes 31, Como facturar electronicamente.
Pola súa banda, a oficina de Ponteareas acollerá os seguintes obradoiros: Imos chamar á porta da túa clientela: posicionamento SEO o luns 9. O martes 17 de outubro será a quenda de Fotografía os teus produtos ou servizos para as redes sociais e o venres 20 de Como facer unha campaña exitosa de publicidade en Google. Xa para rematar, o luns 23 de outubro terá lugar Ferramentas de google para a promoción de negocios locais e o xoves 26 A túa páxina web en menos de 90 minutos.
As dependencias do Porriño acollerán os seguintes obradoiros: O martes 10 de outubro desenvolverase o obradoiro Como ser eficiente na organización do teu tempo: trello e toggl e a seguinte semana, o luns 16 Linkedin: a túa rede de networking. O mércores 18 de outubro terá lugar o obradoiro Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais e a última quenda do mes será o luns 30 de outubro con Xestiona o teu negocio desde o móbil.
En Lalín, os obradoiros serán: Sácalle partido a túa conta de Gmail, que celebrarase o vindeiro martes 10 de outubro. Logo, o martes 17 organizarase o obradoiro Facebook Ads. Esa mesma semana, o xoves 19, Lalín tamén acollerá Promove o teu perfil en Facebook con aplicacións externas. Por último, neste mes de outubro, o Viveiro de Empresas do Polígono Lalín 2000 será o lugar onde terá lugar o obradoiro Fotografía e vídeo para establecementos de turismo, o día 23, e Linkedin: a túa rede de networking, o día 25.
Para Cambados, a actividade é a que detallamos de seguido: o xoves 5 de outubro co obradoiro Promove o teu negocio: mercadotecnia sectorial e o mércores 11 impartirase o obradoiro Fotografía e vídeo para espazos interiores. O seguinte será unha semana despois, cando terá lugar o mércores día 18, Google Analytics: Interpretación dos datos e toma de decisións, ao que lle seguirá o seguinte mércores, día 25 Comercializa os teus servizos a través das redes sociais. Por último, o venres 27 de outubro, desenvolverase o obradoiro Unifica a xestión das túas redes con Hootsuite.
Polo que se refire a Pontevedra, as quendas para o mes de outubro comezaron o mércores 4 de outubro co obradoiro Xestión da túa empresa: facturación e ferramentas integradas e segue cos seguintes cursos: o martes 10, o obradoiro Ferramentas de google para a promoción de negocios locais (nas instalacións de AJE Pontevedra), o martes día 17 Linkedin: a túa rede de networking, ao que lle seguirá o xoves 19 Unifica a xestión das túas redes con Hootsuite. Por último, o martes 24 de setembro, desenvolverase o obradoiro Fotografía e vídeo para espazos interiores e o xoves 26 A túa páxina web con WordPress.
O Proxecto SmartPEME
SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo abrangue seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?