Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo xunta alumnos de másteres matemáticos para resolver desafíos empresariais con Big Data, ML e simulación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo xunta alumnos de másteres matemáticos para resolver desafíos empresariais con Big Data, ML e simulación

Redacción
Publicado: 13/10/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

machine-learning-2.jpgVigo vai acoller os días vindeiros, entre o 16 e o 20 de outubro, a cuarta edición dun obradoiro estudantil para resolver problemas industriais reais botando man de cousas como análise de Big Data, Machine Learning (ML) ou simulación, entre outras metodoloxías de traballo en auxe e espallamento e das que, queirámolo non, imos escoitar falar (e moito) de aquí en adiante. En termos máis concretos, o IV Iberian Modelling Week (IV IMW) busca recrear unha contorna laboral para que o alumnado de másteres con formación matemática traballe sobre retos concretos expostos por empresas. Segundo explica Javier Roca,profesor titular do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da UVigo e membro do comité científico e organizador do evento, “trátase dun escaparate moi interesante para aqueles estudantes que queren que as empresas lles coñezan, e, para estas, resulta unha oportunidade de coñecer profesionais formados”.
O evento desenvolveranse con tres retos expostos. Estes desafíos, sinala Roca, “son tres exemplos de transferencia de tecnoloxías”, como a información a gran escala (Big Data), as máquinas pensantes e con capacidade de aprendizaxe (Machine Learning) e a simulación numérica no eido das telecomunicacións, o deseño de edificios e a industria da pedra.
O primeiro día do obradoiro, os alumnos elixirán o desafío que máis lles interesa e sobre el traballarán o resto das xornadas baixo a supervisión dun dos científicos que estivo involucrado na súa resolución. Tamén, poderán asistir representantes das compañías.
O encontro, que é de balde, está dirixido a alumnos españois e portugueses de másteres de matemáticas. Segundo explican os organizadores, o seu carácter internacional débese a que se trata dunha iniciativa conxunta do grupo de investigación Statistical Inference, Decision and Operation Research (SiDOR) da UVigo, o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e a Rede Española Matemática-Industria (Math-in), en colaboración coa Rede Portuguesa de Matemática para a Industria e a Innovación (PT-MATHS-IN).
banner_iv_imw_new_dates.jpgEstes son os tres problemas a resolver: Big Data, Non te vaias aínda (Como manter no tempo ao cliente da nosa operadora de telefonía? Como saber que usuarios están insatisfeitos e quérense dar de baixa? E deses, cales son irrecuperables e cales poderían pensalo dúas veces se se lles melloramos as condicións?), Simulación: cara a onde sopra o vento (Como emprazar dispositivos aeroxeradores e optimizar a súa disposición no exterior dun inmóbel? Como cuantificar o potencial eólico dispoñible nas proximidades dun edificio ou infraestrutura, por exemplo na azotea dunha casa ou sede empresarial?) e Visión artificial e ML: automatización de procesos (Como mellorar a elaboración de placas de lousa, facendo fincapé no control de calidade, un proceso que aínda se ten que facer de maneira manual e téndose que revisar cada peza fabricada, unha por unha e por separado?).
A Iberian Modelling Week celébrase anualmente desde 2014 e alterna sede en España e Portugal. A súa primeira edición organizouse conxuntamente polo Centro de Estudantes de Matemáticas da Asociación Académica da Universidade de Coimbra (Portugal) e o Laboratorio de Matemática Computacional do Centro de Matemática da Universidade de Coimbra. A partir de entón, pasou a ser asumido pola Rede Portuguesa de Matemáticas para a Industria e a Innovación (PT-MATHS-IN) e pola Rede Española Matemática-Industria (Math-in).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?