Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG e AMTEGA convídannos a tirar proveito da economía dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG e AMTEGA convídannos a tirar proveito da economía dixital

Redacción
Publicado: 16/10/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

[[[[cpeig_talento_dixital_xornada-2.jpgHoxe temos unha cita con nós mesmas/os e coas nosas capacidades innovadoras, vistas (reflectidas) a través de diversos casos de éxito no ámbito TIC. Estamos a falar da Xornada Transformación Dixital e Talento (#XtdT), unha innovadora xuntanza de empresas, universidades e estudantes ao redor da economía dixital e das nosas ideas para sacarlle proveito. A cita vén da man da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).
O equipo de relatores que participarán no encontro, “seleccionados polo seu perfil inspirador”, está formado por Constantino Fernández, presidente executivo de Altia; Enrique Dans, profesor de Innovación do IE Business School; Juan Carrillo, director de Relacións con Clientes de LinkedIn; e David Tomás, co-fundador e director executivo de Cyberclick.
O auditorio 2 do Edificio CINC Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, é o lugar elixido para dar acollida ás charlas, en horario de mañá. Ademais, o mago mentalista Javier Luxor actuará de condutor do acto e mesmo realizará algunha pequena actuación.
Programa de actividades
· 10.00 H. Apertura da xornada. Mar Pereira, directora da AMTEGA e Fernando Suárez, presidente do CPEIG
· 10.15H. Presentación de Javier Luxor.
· 10.30H. Constantino Fernández, presidente executivo de Altia Consultores, co relatorio Retos da xestión do talento en servizo de transformación dixital.
· 11.15H. Enrique Dans, profesor de Innovación no IE Business School, co relatorio Carreira profesional: coa innovación como clave.
· 12.00H. Pausa para café
· 12.30H. David Tomás, cofundador e CEO de Cyberclick, falará de A empresa máis feliz do mundo.
· 13.15H. Juan Carrillo, director de Relacións con Clientes de LinkedIn
·14.00H. Peche da xornada
O CPEIG e a AMTEGA unen esforzos na organización da Xornada Transformación Dixital e Talento na procura “dun punto de encontro da mocidade e profesionais que buscan formarse nun dos sectores máis dinámicos da economía española e con máis saídas laborais, e con empresas que achegan a súa experiencia en demanda de recursos humanos no sector TIC”.
O seminario inscríbese no convenio de colaboración que manteñen a AMTEGA e o CPEIG.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?