Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae ábrenos a porta da calidade no desenvolvemento cun novo curso sobre Angular 5
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae ábrenos a porta da calidade no desenvolvemento cun novo curso sobre Angular 5

Redacción
Publicado: 17/10/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

angular.jpgVitae Consultores, no seu camiño de poñernos ao tanto das tecnoloxías de meirande potencial para o noso día a día, ten no seu programa formativo deste outono unha actividade encamiñada a abrirnos novos horizontes de desenvolvemento informático. Trátase da quinta edición do Curso Angular 5 con TypeScript e Observables, un obradoiro de 20 horas previsto para os días 17, 18, 24 e 25 de novembro, na Coruña (Hotel Attica 21) e en horario de 16.00 a 21.00 horas (venres) e de 9.00 a 14.00 (sábados). Que podemos atopar neste curso? Pois basicamente introducirnos de cheo no que sería o esquema de traballo de aplicacións (framework) JavaScript máis empregado e prestixioso do mundo: Angular 5.
En palabras de Vitae, “esta nova versión foi redeseñada e reprogramada de arriba a abaixo, e o resultado é máis que un framework, é unha plataforma de desenvolvemento de calidade empresarial e capacidade de evolución sen precedentes”.
Entre as características e principais vantaxes de Angular 5 atópanse as seguintes: promove o emprego de TypeScript como linguaxe de partida, ten vocación de saír do navegador (conquistando servidores, escritores e teléfonos móbiles) e acompáñase de ferramentas de desenvolvemento, probas e guías de programación. Ademais, ten ao seu arredor, velando pola súa calidade, evolución e dispoñibilidade, un ecosistema-comunidade internacional a gran escala.
Segundo nos conta Vitae, os obxectivos do curso pasan por axudarnos a actualizar os nosos coñecementos para “estar á altura deste novo reto”, amais de ensinarnos os fundamentos e achegarnos as claves “para comezar a crear as aplicacións web do futuro”. Nun plano máis detallado, coñeceremos as mellores estratexias de migración ou convivencia con versións 1.x para optimizar o esforzo e o rendemento das aplicacións migradas ou híbridas, facendo fincapé en cal sería a mellor opción a elixir, mudar ou convivir segundo o escenario de partida.
En termos aínda máis concretos, desenvolveremos aplicacións multiplataforma con Angular 5, empregaremos TypeScript, dominaremos o novo renderizador deseñado para o máximo rendemento ou coñeceremos a arquitectura de grandes aplicacións baseada en módulos que agrupan compoñentes e inxección de servizos.
O curso está especialmente dirixido a programadores de aplicacións web e programadores de backend, aplicacións móbiles ou deseñadores web. Segundo lembra Vitae, é necesario que os participantes atesouren un coñecemento básico de JavaScript e HTML.
O obradoiro terá unha duración de 20 horas e presentará un enfoque eminentemente práctico.
O formador será Alberto Basalo, enxeñeiro técnico en Informática con dúas décadas de experiencia como analista programador, xefe de proxectos e formador en pequenas e grandes empresas. Basalo é, a día de hoxe, socio director de AgoraBinaria e consultor asociado a Vitae Consultores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?