Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Expertos reunidos pola UVigo e a Cátedra Telefónica recoñecen que a eSeguridade ao cen por cen non é posible
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Expertos reunidos pola UVigo e a Cátedra Telefónica recoñecen que a eSeguridade ao cen por cen non é posible

Redacción
Publicado: 19/10/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_ciberseguridade.jpgHoxe celebrouse no Campus de Vigo unha xornada sobre xeitos de protexer a información en liña organizada pola Universidade e máis a Cátedra Telefónica. Entre as moitas conclusións de valor ás que chegaron boa parte dos participantes e asistentes figura a constatación da imposibilidade de achegar contornas tecnolóxicas seguras ao cen por cen. Por que motivo? Pois, entre outras razóns determinantes, é unha realidade contrastada, dende moito antes de que existira Internet, que quen anda detrás de algo (neste caso información ou diñeiro) adoita ter recursos máis avanzados que quen protexe ese “algo”. Isto dáse tamén na Rede? A resposta é afirmativa. Sexa como sexa, malia que non sexa posible seguridade ao cen por cen, investigadores, desenvolvedores e representantes do hacking ético están a facer un traballo encomiable nos eidos da prevención e na salvagarda de datos fronte as principais ameazas. Esta foi outra das grandes conclusións do evento.
Na xornada participaron especialistas en seguridade informática e xuristas, abordando as claves da ciberseguridade e debatendo sobre temas como a xestión da crise polo ciberataque Wannacry, a importancia da ciberseguridade nunha industria 4.0 ou a seguridade xurídica.
No acto de apertura, Marta Menéndez, directora de Galicia de Telefónica, agradecía ao profesor José Cidrás, director da Cátedra Telefónica da Universidade de Vigo, a elección dun tema “tan actual e interesante”. A continuación, fixo un repaso polas crises das redes que sufrimos, “sobre todo no último ano”, e por como estas crises están a pór a proba infraestruturas críticas como hospitais, aeroportos, etc, “facendo recapacitar ás empresas, ás institucións e aos gobernos sobre como deben despregar estratexias e investir en sistemas, persoas e procesos para poder dar solución a estes problemas de seguridade na contorna dixital”.
Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, aproveitou o acto de apertura da xornada para agradecer a colaboración de Telefónica tanto a través da cátedra como doutras actividades de investigación e innovación e adiantou que a institución conta xa coa aprobación para poñer en marcha o vindeiro curso académico o Mestrado en Ciberseguridade. “Este é un dos eixos temáticos prioritarios para a Universidade a través do Vigo Tecnolóxico; cremos que é unha das claves de futuro para Galicia e por iso queremos concentrar nesta nova titulación todo o talento galego”, explicou.
O primeiro dos relatorios da xornada correu a cargo de Rubén Sampedro, especialista do Security Operation Center de Telefónica, que desenvolve o seu labor con grandes contas galegas, como a Xunta de Galicia ou o Servizo Galego de Saúde. A súa intervención centrouse en relatar a xestión que Telefónica fixo ante o ciberataque do virus Wannacry, que tivo lugar o pasado 12 de maio, secuestrando equipos informáticos de todo o mundo. Sampedro subliñou que “hai tres piares fundamentais na xestión de seguridade”. Estes piares son: confidencialidade, dispoñibilidade e integridade. Ao seu xuízo, “ao que afectan estes ataques é á información, ás operacións de negocio, aos euros ao fin e ao cabo”. Ademais, sinalou que no caso do dito virus informático, o ataque colleu ás entidades coa garda baixa. Entre as principais características do ataque, engadiu, figuran as seguintes: propagouse de maneira lateral como un verme a través do porto 445 (“e non por correo electrónico como se dicía inicialmente”) e instalando nos equipos o troiano malware ransomware, coñecido por Wannacry. O experto lembrou tamén que os primeiros indicios do ataque saltaron ás 6.00 da mañá no leste de Asia; ás 06.16 o nome do virus era xa o máis buscado en Google en todo o mundo. Tamén dixo que dende Telefónica tentouse dar unha resposta rápida malia a incerteza, “poñendo en marcha un comité de expertos para tratar de saber, empregando enxeñaría inversa, por onde entra o malware, como se propaga, etc”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?