Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG e AMTEGA alentan o talento innovador dos nosos estudantes en xornadas itinerantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG e AMTEGA alentan o talento innovador dos nosos estudantes en xornadas itinerantes

Redacción
Publicado: 20/10/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cpeig_talento_dixital_xornada-3.jpgA fórmula de promoción talento innovador funciona, e se funciona no ámbito empresarial, por que non aplicala de cheo ao ámbito educativo? Esta é a premisa do programa Transformación Dixital e Talento impulsado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a axencia AMTEGA, unha premisa que vén de marcar un fito coa xornada XTdT celebrada os días pasados en Santiago (facendo voar o espírito innovador en compañía dun centenar de profesionais e universitarios) e que chegará os días vindeiros a diversas localidades galegas, xuntando estudantes de secundaria para fomentar as vocacións nos estudos relacionados co sector TIC, en palabras das dúas entidades “un dos máis dinámicos da economía española e con máis saídas laborais”.
O programa de charlas comezou onte no IES Concepción Arenal de Ferrol. Os días 24 e 26 de outubro desenvolveranse no IES Rosalía de Castro, en Santiago; o día 26 no Seminario Menor A Inmaculada, de Ourense, e o 27 deste mesmo mes no IES Número 1 do Carballiño. Tamén está previsto impartir unha charla na cidade da Coruña.
Nas charlas, colexiadas/os do CPEIG achegaranlle ao alumnado destes centros “como é o perfil das/os profesionais da Informática”, xunto cos motivos para estudar unha enxeñaría e, concretamente, a Enxeñaría en Informática. Asemade, daranlles a coñecer as saídas laborais destes estudos.
Como dixemos, esta iniciativa itinerante representa unha continuidade da Xornada Transformación Dixital e Talento desenvolvida o pasado 16 de outubro en Santiago con grande éxito de convocatoria. Nela, o CPEIG e a AMTEGA foron quen de crear, nas súas palabras, “un punto de encontro para empresas, universidades e estudantes ao redor da economía dixital”. Na xuntanza, enmarcada no convenio de colaboración que manteñen as dúas entidades, participaron profesionais referenciais das TIC como Constantino Fernández, presidente executivo de Altia; Enrique Dans, profesor de Innovación do IE Business School; Juan Carrillo, Director de Relacións con Clientes de LinkedIn; e David Tomás, co-fundador e director executivo (CEO) de Cyberclick.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?