Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo contribúe á operatividade tecnolóxica da RAG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo contribúe á operatividade tecnolóxica da RAG

Redacción
Publicado: 23/10/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

convenio_rag.jpgA Real Academia Galega (RAG) é unha das entidades da nosa terra de meirande actividade na Rede, obxecto de incontables demandas relacionadas con dúbidas lingüísticas, tal e como certifica o feito de que a última revisión do dicionario deixara unha media de 60.000 consultas diarias de palabras. Malia estes e outros datos, a RAG ten só un orzamento de 900.000 euros, que é tres veces menos có da Academia Vasca, ou dez veces menos có da Catalá. Co obxectivo de contribuír ao funcionamento da entidade galega, a Deputación de Lugo vén de asinar un convenio de colaboración coa RAG, con vixencia dun ano e dirixido a contribuír ao funcionamento da institución, tanto no plano off-line como no dixital.
Segundo fixo saber no acto de sinatura o presidente da Academia Galega, Víctor Freixanes, “existe unha forte demanda social nestes intres ao redor da lingua”, e proba diso é o elevado número de consultas diarias de palabras na Rede. “Os datos falan por si sós, e iso hai que sostelo con profesionais con soporte técnico, e despois está tamén o traballo dos académicos que participan de maneira desinteresada; polo tanto este convenio para nós é moi importante”, apuntou o presidente da RAG.
No acto de sinatura tamén participou a académica e escritora Marilar Aleixandre e o deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, quen sinalou que o apoio da entidade provincial lucense diríxese en termos xenéricos a “apoiar o labor da institución a prol do fomento da cultura galega e a promoción e estudo do idioma galego”. A achega anual da Deputación á RAG será de 9.000 euros.
O deputado apuntou que a Deputación non pode ficar á marxe ante “o lamentable retroceso que a lingua galega está tendo na nosa sociedade, nos ámbitos urbanos e incluso nas xeracións máis novas, cada día se fala menos galego e iso non é unha situación só para avaliar é unha situación sobre a que temos que actuar, porque cando estimamos máis a nosa lingua estimámonos máis a nós mesmos”.
Pola súa parte Freixanes quixo agradecer “en nome da Real Academia Galega a sensibilidade da Deputación de Lugo no apoio ás iniciativas da institución e no apoio ao funcionamento da propia Academia”. Así mesmo, salientou que “o galego é intercomprensible oralmente e por escrito co portugués, por iso os galegofalantes teñen un acceso moi doado a 250 millóns de persoas que se expresan en portugués, a sexta lingua máis falada no mundo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?