Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lingua.gal convoca a nova edición do concurso-exposición das Letras Galegas 2018
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lingua.gal convoca a nova edición do concurso-exposición das Letras Galegas 2018

Redacción
Publicado: 23/10/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A escritoria María Victoria Moreno, homenaxeada o ano vindeiro no Día das Letras Galegas
A escritoria María Victoria Moreno, homenaxeada o ano vindeiro no Día das Letras Galegas
O Portal da Lingua Galega (Lingua.gal) e mais o Portal Educativo da Xunta de Galicia (Edu.xunta.gal) veñen de publicar a nova convocatoria do Concurso-Exposición Letras Galegas, que cada ano se leva adiante co obxectivo de, en palabras dos devanditos espazos web, “potenciar o coñecemento do autor ou autora homenaxeada o 17 de maio, da situación sociolingüística que lle tocou vivir e, en xeral, da súa época histórica”. Os centros que concorran neste certame da Secretaría Xeral de Política Lingüística teñen de prazo ata o 22 de xaneiro de 2018 para presentaren unha exposición que faga un percorrido polas devanditas vertentes obra de María Victoria Moreno Márquez, a quen a Real Academia Galega (RAG) homenaxea o vindeiro ano na festividade da nosa cultura.
Os proxectos gañadores difundiranse profusamente na Internet, a través do Portal da Lingua Galega, e serán distribuídos por máis de 2000 puntos de interese (centros educativos, lectorados da Rede de Centros de Estudos Galegos, entidades da Rede de Dinamización Lingüística, centros da emigración ou bibliotecas, entre outros emprazamentos). Os colexios e centros participantes na súa elaboración recibirán un premio en metálico por importe de 2000 € e o profesorado obterá, por segundo ano, un certificado de premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado, ou 30 no caso do coordinador ou coordinadora do proxecto gañador.
Segundo informa a Secretaría Xeral de Política Lingüística dende o Portal da Lingua, a convocatoria do Concurso-Exposición Letras Galegas 2017 “está dirixida a todos os centros docentes de ensino público non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que poderán concursar na categoría que lles corresponda entre as dúas que se establecen”. Por unha banda, a categoría A para infantil e primaria e, pola outra,a categoría B para educación secundaria e bacharelato, formación profesional e restantes centros de ensinanzas especiais. Os centros educativos en que se imparta infantil, primaria e secundaria poderán concursar en ambas as categorías.
Os colexios e institutos deberán formar equipos integrados por un máximo de 10 docentes de diferentes áreas que colaboren activamente e fomenten a participación do alumnado na elaboración do traballo.
As exposicións que se presenten ao certame deberán constar de 10 carteis orixinais e inéditos de 70×50 cm acompañados dunha guía con actividades que orienten a observación da mostra e fomenten o labor de investigación do alumnado. A técnica que se empregue nos devanditos carteis será libre e estes poderán ser presentados a cor.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?