Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Álvaro Cunqueiro de Vigo mostra en novembro todo o que a Impresión en 3D pode facer pola nosa saúde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Álvaro Cunqueiro de Vigo mostra en novembro todo o que a Impresión en 3D pode facer pola nosa saúde

Redacción
Publicado: 23/10/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

health_2.0_galicia.jpgO vindeiro 20 de novembro vanse celebrar no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo uns encontros destinados a mostrar o potencial médico das tecnoloxías de fabricación aditiva para dar forma a obxectos tridimensionais (obxectos tridimensionais que nos axuden a interpretar a realidade da que abrollan estes obxectos). As Xornadas de Impresión 3D: Medicamento Personalizado celebraranse ao longo do día, sendo o evento da mañá de acceso restrinxido a xerentes, xefes de área, profesionais sanitarios, enxeñeiros e empresas do sector e todos aqueles actores que se atopan na cadea de valor da impresión 3D en saúde. Esta xeira de mañá, de carácter eminentemente profesional, celébrase en colaboración con 3DHeals, plataforma global con base en San Francisco que traballa na achega de materiais tridimensionais no ámbito da medicina.
Nesta primeira metade da xornada abordaranse os aspectos máis técnicos da bioimpresión e as súas aplicacións nos eidos da odontoloxía, a enxeñaría, a traumatoloxía ou a cirurxía torácica. Tamén se van tratar, ante o público especializado (directivos, xefes de área, enxeñeiros, fabricantes, provedores e, en xeral, axentes involucrados na cadea de valor da Impresión 3d en saúde), os regulamentos e as normativas dos ditos espazos de traballo e investigación.
A xeira de tarde, Chapter Health 2.0 Galicia, oriéntase cara a unha difusión máis ampla do coñecemento en fabricación aditiva. Trataranse os conceptos crave, experiencias, como se aborda a formación e os desafíos futuros máis aló do horizonte visible da man de pacientes, enxeñeiros, médicos, cirurxiáns e farmacéuticos.
En ambos os eventos contarase con demostracións prácticas e, en palabras da organización da xornada, “unha sala de exhibición chea de sorpresas”.
Segundo lembran os impulsores do evento a conto dos porqués do mesmo, “a tecnoloxía de Impresión en 3D emprégase desde hai anos en distintos sectores e as súas posibilidades van alén dos límites do esperado, poñéndose á par dos ámbitos da robótica, a intelixencia artificial, o Big Data ou a nanotecnoloxía, para dar forma á última revolución industrial denominada 4.0”. E engaden: “A fabricación aditiva con diversos materiais fornece dunha manchea de beneficios económicos, loxísticos, ecolóxicos e achegan un grao de personalización para cada paciente cun alto impacto na saúde individual e colectiva, podendo ser aplicada en case a totalidade de especialidades médicas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?