Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R e Orange suspenden nos seus servizos de televisión
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R e Orange suspenden nos seus servizos de televisión

Redacción
Publicado: 24/10/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

resume_estudio_tv_ucgal.jpgA Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) vén de presentar os resultados do seu primeiro Estudo Operadores e Televisión, unha investigación que avalía os principais aspectos que poden determinar a elección dunha compañía (en detrimento doutra) por parte dos consumidores, aspectos ligados á oferta televisiva e á calidade en Internet dos seis operadores examinados. Para realizar este estudo UCGAL atendeu a listaxe de canles da oferta básica de televisión dos distintos operadores e tamén das principais plataformas de streaming (Netflix, HBO España, Wuaki TV e Amazon Prime Video), así como as funcionalidades ofertadas e os datos de calidade. Os operadores analizados foron Euskaltel, R Cable, Vodafone, Movistar, Orange e Telecable. No informe, Movistar sobresae como “o operador coa mellor opción en servizos de televisión” e consegue unha nota alta en calidade.
Euskaltel consegue a segunda posición e Telecable a terceira. Na listaxe, o operador con peor puntuación é Orange, seguido de R Cable. “No estudo ambas compañías lograron aprobar”, sinala UCGAL, “pero é máis que evidente que teñen moitos aspectos que mellorar na súa oferta”.
Á hora de analizar as funcionalidades das distintas opcións de TV ofertadas, UCGAL valorou a práctica totalidade das mesmas: control do directo, acceso a contidos dos últimos días, oferta VOD, ver sen conexión, multidispositivos e simultaneidade, aplicacións móbiles, control familiar, servizo de gravación, accesibilidade e canles da oferta básica.
Como dixemos, os resultados en relación coas funcionalidades e oferta do servizo de televisión sitúan a Movistar no primeiro posto con 9,82 puntos, mentres que Orange suspende cun 4,92. Segundo a entidade galega de usuarios e consumidores, “a cualificación de Movistar fundaméntase en grande medida no seu amplo catálogo de contidos, a posibilidade de visualización sen conexión e a súa aposta pola accesibilidade das persoas con discapacidade visual ou auditiva”.
En segundo lugar sitúase Euskaltel cun 7,36 e Telecable en terceiro posto cun 7.
No referente á calidade, os aspectos a considerar para a realización do estudo foron: tempo de subministro, avarías, tempos de reparación de avarías e reclamacións. Analizados os parámetros que afectan á calidade do servizo de Internet, UCGAL concluíu que Movistar, cunha nota de 8,73, ofrece a maior calidade con case tres puntos de diferenza sobre o último, R Cable, que non chega ao 6. Só outro operador supera a cualificación de oito, Euskaltel (8,53).
No que respecta ao tempo que transcorre dende o intre no que o operador recibe unha solicitude válida de subministro dun acceso a Internet sobre unha liña en servizo ata o instante no que o servizo actívase para o seu uso, o mellor dato correspóndelle a Telecable cunha media de 12,67 días, seguido de Movistar e Euskaltel con 13 días.
No que atinxe ás avarías, a investigación reflicte que a porcentaxe máis baixa correspóndelle a Movistar cun 2,51% seguido de Telecable (2,88%). Sobre o tempo de reparación das mesmas, volve ser Movistar o operador con mellor puntuación xa que repara o 95% das avarías de menor duración nun tempo máximo de 44,5 horas e case o 97% dentro do prazo obxectivo.
Para rematar, no apartado das reclamacións relativas ao servizo telefónico e/ou ao servizo de acceso a Internet, Vodafone é o operador con menor porcentaxe de reclamacións en relación ao servizo fixo. No estudo tamén se sinala “que os peores datos son para Telecable e R Cable”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?