Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os ecosistemas dixitais para o ensino, a debate este venres na UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os ecosistemas dixitais para o ensino, a debate este venres na UDC

Redacción
Publicado: 26/10/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

facultade_ciencias_educacion_coruna.jpgEste 27 de outubro celébranse na Universidade da Coruña as segundas II Xornadas en Innovación Docente, baixo o epígrafe Contextos universitarios transformadores: retos e ideas innovadoras. O encontro será inaugurado na Facultade de Ciencias da Educación ás 9.00 horas pola vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente, Nancy Vázquez, xunto co decano, Manuel Peralbo, e o director do CUFIE, organizador das xornadas, Enrique de la Torre. A continuación, Mercè Gisbert Cervera, doutora en Ciencias da Educación e catedrática de Tecnoloxía Educativa da Universitat Rovira i Virgili, impartirá a conferencia inaugural Ecosistemas dixitais para a aprendizaxe.
Segundo informa a UDC, o obxectivo destas xornadas é “estimular a posta en común e o intercambio de experiencias didácticas entre distintas áreas de coñecemento para, potenciar o traballo interdisciplinar e a actualización permanente do profesorado da Universidade da Coruña, así como utilizar a innovación das Tecnoloxías da Información e Comunicación, as TIC, como unha ferramenta na mellora e no aumento da calidade da docencia”. Quen queira información a maiores sobre as xornadas, ten máis datos na web específica do evento.
Mestrado dixital
A vicerreitora abrirá tamén mañá, ás 12:00 horas a primeira edición do Mestrado en Innovación e Estratexia Dixital, no salón de graos da Facultade de Economía e Empresa. Neste acto, a vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente estará acompañada polo decano, Anxo Calvo, e os responsables do mestrado, os profesores Andrés Faíña, José Manuel Barreiro e Antonio García Lorenzo.
Logo o acto de apertura, Antoni Paz, Director executivo de Knowledge Innovation Market, KIM, Barcelona impartirá a conferencia inaugural Open Innovation e mercado de innovación: Creación de valor a partir do talento na era dixital. Antoni Paz é experto en creación de negocio no ámbito da I+D+i a nivel internacional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?