Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Salón do Libro de Pontevedra estrea web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Salón do Libro de Pontevedra estrea web

Redacción
Publicado: 27/10/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pontevedra_foucesosalo_n.jpgO Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra vén de estrear nova web en salondolibro.gal. A páxina foi presentada este 26 de outubro pola concelleira de Cultura, Carme Fouces, salientando o principal obxectivo do sitio acabado de estrear: que o salón achegue unha imaxe máis moderna e adaptados aos tempos. Amais disto, preténdese contribuír a seguir facendo comunidade arredor do evento literario pontevedrés e da literatura galega en xeral, cousa que se complementa coa creación dun club de lectura formado por 12 persoas entre as que se atopan libreiros/as, bibliotecarios/as, docentes e xornalistas da cidade. “A nosa intención”, dixo, “é crear unha rede na cidade que teña continuidade e percorrido, e que chegue a funcionar case dun xeito automático”.
salon_do_libro_pontevedra.jpgVolvendo á páxina acabada de estrear (e con dominio galego), a intención é que “sexa un escaparate ao mundo do que é o Salón e que se converta tamén nunha fonte de recursos para os centros escolares”. Segundo indicou Fouces, contará cun apartado de TeleSalón, Podcasting e Clubes de lectura “que se irán enchendo co contido que produzan os centros logo de asistir aos tres cursos formativos que se impartirán en novembro, dous deles a través do apartado de Audiovisuais da Universidade (TeleSalón e Podcasting)”.
O resto dos apartados da web están destinados ao Concurso Internacional de Ilustración, á vindeira edición de Mulleres de Conto (fío temático da convocatoria 2018 do Salón), ao país convidado na vindeira edición do evento (México), ás anteriores edicións do encontro literario pontevedrés e a facilitar aos centros unha bibliografía, realizada por Gálix.
Para quen non o saiba, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra naceu en 1999 como “un sinal de identidade” e, en palabras do Concello, “unha maneira de construír unha cidade ao redor das crianzas”. A aposta do Goberno local baséase no seguinte: no convencemento de que os libros e a lectura, sobre todo nas primeiras idades, son a “mellor maneira que temos de transformar a nosa realidade para crear outra máis xusta e máis libre”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?