Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega ao seu remate o segundo Concurso de Robots Mecano da UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega ao seu remate o segundo Concurso de Robots Mecano da UDC

Redacción
Publicado: 30/10/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mecano_pontepedrina-2.jpgPodemos ser creadores de tecnoloxías amais de usuarios? Sen dúbida si, e subliñar esta mensaxe con probas palpables é un dos grandes obxectivos da segunda edición do Concurso de Robots Mecano para alumnado de Secundaria que organiza a Universidade da Coruña no Campus Industrial de Ferrol. Celébrase este 31 de outubro e nel está previsto que participen seis institutos galegos (Saturnino Montojo e Sofía Casanova, de Ferrol; Ortigueira; Virxe do Mar, de Noia; Leiras Pulpeiro, de Lugo, e Pontepedriña, de Santiago) mostrando os seus enxeños e logo sendo avaliados por un tribunal formado por investigadores e profesores universitarios. O certame inclúe ademais unha visita guiada polas instalacións da Universidade da Coruña en Ferrol, aos centros formativos e laboratorios de investigación. As actividades comezarán ás 10:00 horas, cun acto de inauguración e benvida a cargo da vicerreitora e o director do Campus, Araceli Torres e Ginés Nicolás, e rematarán sobre as 15:00 horas.
Para quen non o saiba, o Concurso Mecano é unha actividade promovida polo Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña que ten por obxecto e”stimular a creatividade, o traballo en equipo e achegar o mundo da enxeñaría e as tecnoloxías aos estudantes de último ano dos institutos galegos a través da construción e programación dun robot para posteriormente superar unha serie de obstáculos proxectados nunha xincana”.
O concurso consta de dúas fases, a primeira, que xa se realizou, consistía na elaboración dun vídeo explicativo da proposta de cada grupo participante, unha peza audiovisual para subir ao Facebook e, en virtude dos gústame acadados, acadar máis ou menos puntos (o máximo son cinco puntos).
A segunda proba, que é a que terá lugar mañá, consiste na presentación e defensa da proposta ante un xurado formado por persoal docente e investigador do Campus Industrial de Ferrol. O premio será unha cámara de VicTsing Eypro Cámara Acción Deportiva 1080P para cada un dos estudantes gañadores.
As presentacións das propostas ao tribunal teñen o seguinte horario:
10:30h IES Leiras Pulpeiro (Lugo)
10:45h IES Ortigueira (Ortigueira)
11:00h IES Pontepedriña (Santiago de Compostela)
11:15h IES Saturnino Montojo (Ferrol)
11:30h IES Sofía Casanova (Ferrol)
10:45h IES Virxe do Mar (Noia)
Ao remate, ás 12:00 horas, Araceli Torres fará unha presentación do Campus Industrial de Ferrol e das súas titulacións. Media hora máis tarde procederase á entrega de diplomas e farase unha foto de grupo. O Concurso Mecano rematará ás 13:00 horas coa visita guiada aos laboratorios do Campus: Plásticos; Aplicacións Industrial do Láser; Mecánica de Fluídos, túnel aerodinámico; Canle de probas hidrodinámicas; Enxeñaría Mecánica e Laboratorio de Robótica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?