Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os nosos profesionais da ilustración avanzan en Santiago as liñas básicas da súa nova web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os nosos profesionais da ilustración avanzan en Santiago as liñas básicas da súa nova web

Redacción
Publicado: 30/10/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

agpi_37728796251_95940b62a9_o.jpgEste sábado 28 celebrouse en Compostela o XIV Encontro Galego da Ilustración, organizado pola AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) no auditorio da Fundación ABANCA. A cita, que serviu para mostrar os amplos horizontes da nosa riqueza ilustrativa, contou coa participación das creadoras Mar Hernández Malota (que falou da súa experiencia na ilustración e en ámbitos lindeiros como o audiovisual, a publicidade ou a mercadotecnia) e Giovanna Lopalco (italiana afincada na Coruña que fixo un percorrido polo desenvolvemento dun filme de animación e de como este proceso se nutre do ámbito ilustrativo). No encontro, no que tamén participou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, celebrouse a asemblea xeral da asociación e, tamén, presentáronse os que serán os elementos fundamentais da nova web da AGPI.
A través deste adianto da que será a nova faciana de agpi.es (dispoñible en cuestión dunhas poucas semanas), a asociación fixo saber que vai estar ateigada de contidos e servizos e que achegará unha ampla marxe de participación para socios e usuarios. De feito, a web porá en xogo unha sección de traballos dos socios a xestionar por cada un deles, coa novidade de que agora cada membro da asociación terá a posibilidade de incorporar proxectos ao seu perfil, desbotándose o apartado de galería única de traballos. A web, segundo nos fixo saber a dirección da AGPI, estará plenamente operativa a finais de ano ou a comezos de xaneiro.
Como dixemos, no acto participou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, en representación da Consellería de Cultura e Educación. Segundo fixo saber Lorenzo, Cultura e Educación está a apoiar a renovación da web da asociación (a través dun convenio de colaboración), amais doutras actividades de divulgación (por exemplo o propio Encontro Galego da Ilustración). Lorenzo deulles a benvida aos participantes “a esta cita de diálogo e de conversa” que reúne na capital de Galicia, dixo, “algúns dos ilustradores máis destacados do panorama nacional, así como profesionais doutros sectores afíns, como o editorial, o do deseño, o da publicidade e o da animación”. Lorenzo salientou no acto de apertura “a alta calidade que caracteriza a produción galega actual de deseño e de ilustración, cun traballo que enriquece o noso universo de imaxe e a construción visual da cultura galega”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?