Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pobra de Trives achega un obradoiro para afianzar aos seus maiores no uso do WhatsApp
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pobra de Trives achega un obradoiro para afianzar aos seus maiores no uso do WhatsApp

Redacción
Publicado: 30/10/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

curso_trives.jpgO Concello de Pobra de Trives está a organizar unha actividade directamente encamiñada a conseguir que os veciños estean mellor comunicados entre eles e co mundo, ao tempo que incrementan as súas posibilidades de lecer e mesmo de envellecemento activo (pola vía das TIC). O Curso de WhatsApp para Adultos vaise desenvolver entre o 13 e o 15 de novembro pola tarde, na sala de reunións do edificio novo do Concello. Segundo informa o Goberno local, ten a súa orixe na importancia das novas ferramentas dixitais para comunicármonos co mundo actual, facendo fincapé en recursos como o correo electrónico, o chat, as redes sociais e, por suposto, o servizo WhatsApp de mensaxes instantáneas.
“Internet proporciónanos unha mellor calidade de vida e é unha oportunidade para vencer o illamento nos máis maiores”, explican fontes do Concello ourensán sobre as razóns que xustifican o obradoiro, engadindo a necesidade de facer fincapé no feito de que as persoas tamén viven no mundo e “deben adaptarse para que a propia tecnoloxía non os desterre da sociedade”. A organización do curso tamén quere desmentir a falsa crenza de que as persoas de idade non estean capacitadas xa para manexar tecnoloxías. En definitiva, os obxectivos do taller son ensinar a tirar proveito do WhatsApp, achegar aos participantes as vantaxes de chatear e estar cun contacto máis estreito con amigos e familiares e, tamén, introducir nas súas vidas un elemento de actualización. As inscricións, engade o Concello, deberán facerse na Oficina de Turismo antes do 8 de novembro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?