Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Certifican dende o Campus de Pontevedra que os vellos partidos políticos desaproveitan as redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Certifican dende o Campus de Pontevedra que os vellos partidos políticos desaproveitan as redes sociais

Redacción
Publicado: 02/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_organizacions_xornadas.jpgEsta semana (30 e 31 de outubro) celebrouse no Campus de Pontevedra (UVigo) a segunda edición das Xornadas Científicas de Comunicación Organizacional, nas que participaron preto de 20 especialistas de diferentes universidades estatais, aos que se sumaron outros 30 inscritos e 55 comunicacións. O evento, que veu da man da Asociación Española de Investigación e o grupo de investigación CP2, constituíse coma un foro de debate sobre novos medios e tecnoloxías da comunicación e sobre como estas ferramentas poden mudar as relacións das organizacións cos seus destinatarios (usuarios, clientes e colaboradores reais ou potenciais). Entre os temas concretos nos que se fixo fincapé situáronse as redes sociais. Segundo se fixo saber, a actitude xeral das organizacións políticas fronte a estes servizos está a ser máis ben conservadora, de risco controlado. Pola contra, non se adoitan explorar vieiros que poidan xerar máis beneficios.
Estes fenómenos arredor das redes sociais foron avaliados ao detalle polo profesor Andreu Casero, da Universidade Jaume I de Castellón, quen achegou un estudo sobre o uso de Twitter nas eleccións xerais de xuño de 2016. Segundo fixo saber, a existencia dun “escenario moito máis aberto”, no que xa non só as/os profesionais da comunicación teñan “capacidade de construír e difundir mensaxes” constitúe unha das claves dese novo escenario no ámbito da comunicación política. Un escenario que implica, dixo, “novas oportunidades laborais” e a posibilidade de que tanto organizacións políticas como colectivos sociais poidan desenvolver “unha estratexia comunicativa en redes sociais que poida xerar algún tipo de influencia”. O abano de utilidades neste eido é tan amplo como poidamos imaxinar, engadiu, e o abano inclúe cousas como artellar comunidades virtuais ou chegar máis directamente á cidadanía. “Outra cousa”, explicou, “é que os actores políticos aproveiten esas oportunidades ao 100%”.
Segundo fixo saber Casero, só os movementos cidadás e organizacións políticas emerxentes, como Podemos ou Cidadáns, “aproveitaron máis as redes sociais para buscar fórmulas innovadoras de comunicación”. Pola contra, nos principais partidos prima “unha xestión conservadora” das redes, “polo medo a perder o control da mensaxe”, dirixida a “evitar riscos”. Entre os principais perigos atópase o feito de que unha mensaxe remate converténdose nun meme, situación que ao seu xuízo, “acabaría por bloquear novas fórmulas” que poderían resultar “unha vía moi interesante para captar a novos públicos pouco interesados na política”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?