Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O dicionario en liña da RAG superou en 2017 os 15 millóns de visitas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O dicionario en liña da RAG superou en 2017 os 15 millóns de visitas

Redacción
Publicado: 02/11/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

academia_gal_dicionario.jpgSen dúbida un dos instrumentos tecnolóxicos galegos de meirande éxito na actualidade é o dicionario en liña da Real Academia Galega (RAG), unha ferramenta que é, en si mesma, a proba do interese que suscita a nosa lingua na Internet, tanto para galegofalantes como para os que non o son, tanto para os investigadores, como para estudantes, como para cidadáns de a pé que queren resolver calquera dúbida relacionada cunha palabra galega. Hai probas palpables deste éxito? Pois segundo os últimos recontos feitos pola RAG, no que vai de ano xa se superaron os 15 millóns de visitas ao dito dicionario, o que certifica o interese crecente pola ferramenta, xa que en 2017 a cifra foi de 14,4 millóns.
Polo que respecta á cifra de consultas diarias, estaría nas 55.000. E no que atinxe ás aplicacións móbiles, estaríamos a falar de 1,6 millóns de visualizacións nas ferramentas para as versións Android e iOS. A previsión é que se remate o ano chegando ás 19 millóns de buscas.
Como lembraremos, a RAG (en colaboración coa Fundación Barrié) estreou en 2012 a versión dixital do seu dicionario, achegando no seu punto de partida máis de 56.000 termos en libre consulta. Dende aquela, a achega de novidades e servizos innovadores foi constante e non fixo máis que fortalecer a experiencia dos usuarios e o interese dos mesmos pola lingua galega. A estrea do dicionario tamén foi salientable pola integración no seu seo do Dicionario de pronuncia da lingua galega desenvolvido polo Instituto da Lingua Galega en colaboración coa CRTVG, o que fortaleceu o lanzamento con cumprida información sobre a pronuncia das palabras, as súas propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro e outros datos de utilidade para o uso correcto da lingua.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?