Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra achega 24 obradoiros TIC en Cambados e na área de Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra achega 24 obradoiros TIC en Cambados e na área de Vigo

Redacción
Publicado: 03/11/2017
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

0111-smartpeme-vigo.jpgA Deputación de Pontevedra está a presentar estes días o seu roteiro de actividades TIC do mes de novembro para o tecido produtivo e profesional da provincia. Un programa de accións formativas que se vai desenvolver novamente pola rede SmartPEME, constituída polas sedes operativas de Pontevedra, Vigo, Porriño, Ponteareas, Cambados e Lalín, dende as que os profesionais da Deputación (en colaboración cos Concellos e as asociacións) despregan un importante labor de capacitación dixital ao servizo de autónomos, PEME e traballadores. A entidade provincial xa deu a coñecer os programas de Cambados, Vigo, Porriño e Ponteareas. Polo que respecta a Cambados, o Centro Exposalnés acollerá en novembro seis obradoiros.
O programa arranca este 3 de novembro co obradoiro A túa páxina web en menos de 90 minutos e seguirá cos seguintes cursos: o mércores 8 impartirase o obradoiro A túa páxina web con WordPress, o martes día 14, Como facer unha exitosa campaña de publicidade no Google?, dous días despois, o xoves 16, Fotografía e vídeo para establecementos de turismo e hostalería, e para rematar, o xoves 23 de novembro comezará o obradoiro Google Analytics: Iniciación á analítica Web e o mércores O ámbito das novas tecnoloxías e RRSS no sector turístico. A oficina Smart PEME de Cambados, no Centro Exposalnés, atópase no paseo da Calzada, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 202 020, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.es. Todas as actividades deste mes comezarán ás 19 h.
0211-smartpeme-cambados.jpg Polo que atinxe a Vigo e contorna, as oficinas situadas nos concellos de Ponteareas, O Porriño e Vigo, acollerán durante todo o mes de novembro un total de 18 obradoiros. As quendas para o mes de novembro na oficina de Vigo son as seguintes: Comercializa os teus servizos a través das redes sociais, o xoves 2 de novembro; Seguridade Informática I – Seguridade no teu ordenador, o mércores 8; Crea o teu propio logotipo no Canva, o martes 13 de novembro; Woocommerce I – A solución para vender por Internet“, o xoves 16; Google Analytics: Iniciación á analítica Web, o luns 20 de novembro, e para rematar, o mércores 22, Ferramentas e apps imprescindibles para o sector legal“. A oficina SmartPEME de Vigo, na sede da Deputación da cidade, atópase na rúa Oporto, núm. 3.
Pola súa banda a oficina de Ponteareas acollerá o xoves 9 de novembro o seu primeiro obradoiro do mes con Redes Socias para a empresa – É Twitter a túa solución?. O seguinte, Google Analytics: Iniciación á analítica Web, será o luns 13 de novembro. Dous días despois, o mércores 15 de novembro, será a quenda de A túa páxina web en menos de 90 minutos. Na última semana de mes haberá dous novos obradoiros, un o luns 27 de novembro con Sabes como converter a túa páxina web nunha páxina segura? e o outro o mércores 29 de novembro Crea o teu propio logotipo Canva. A oficina de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, número 5.
Por último, a oficina do Porriño acollerá os seguintes obradoiros: o xoves 2 de novembro desenvolverase o taller Como facer unha exitosa campaña de publicidade no Google?; o martes 7 de novembro Facebook Ads; dous días despois, o día 9, Fotografía e vídeo para espazos interiores; o mércores 15 de novembro, Google Analytics: Iniciación á analítica Web; o mércores 22 de novembro Aprende a xestionar o teu negocio con follas de cálculo, e por último Guía de boas prácticas para redes sociais. A oficina SmartPEME do Porriño, no multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.
Segundo informa a Deputación de Pontevedra este mes de novembro haberá dous obradoiros que cambiarán de lugar, estes serán os dos días 2 e 22 de novembro, que no seu caso terá lugar nas instalacións de AEMOS. Todas as actividades terán lugar en horario de 19:00 horas agás o obradoiro que se desenvolverá en AEMOS o día 2 de novembro, que comezará ás 17.30h. A inscrición se pode facer a través do número de teléfono 886 202 020, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.es
O proxecto SmartPEME
SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo abrangue seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?