Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación, o Concello e o ICOIIG converterán Lugo na capital galega da enerxía smart
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación, o Concello e o ICOIIG converterán Lugo na capital galega da enerxía smart

Redacción
Publicado: 03/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xenergal_presentacion.jpgOs vindeiros 8 e 9 de novembro vaise celebrar en Lugo un evento destinado a pór de relevo a importancia da innovación smart e as novas tecnoloxías para dar con formas máis sustentables, eficientes, eficaces, limpas e rendibles de xestionar e consumir enerxía. Falamos da cuarta edición do Congreso Galego de Xestión Enerxética, XENERGAL 2017, que se vai desenvolver no Pazo de San Marcos da man do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), coa colaboración da Deputación de Lugo e do Concello.
Na presentación do evento participaron o presidente do Goberno provincial, Darío Campos, o concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, o decano do ICOIIG, Oriol Sarmiento e o director de XENERGAL, Fernando Blanco. O principal responsable da Deputación salientou que se trata da “maior cita do sector en Galicia” e que contará con 36 relatorios e con cinco fíos temáticos principais: enerxías renovables, eficiencia enerxética e mantemento de edificios, iluminación, innovación e xestión transversal da enerxía.
Na presentación o Concello debullou as principais liñas do proxecto local Lugo Smart City. Segundo fixo saber Piñeiro, Lugo Smart City é unha iniciativa financiada nun 80% con fondos FEDER que se dirixe a converter a cidade da Muralla nunha cidade intelixente e sustentable, con medidas concretas como a xestión de refugallos sólidos urbanos a través de sensores de almacenamento conectados vía GPR ou 3G nos colectores, a xestión do alumeado público nas contornas urbana e rural (con regulación de fluxo lumínico a través de dispositivos tecnolóxico-dixitais de control) ou a xestión de eficiencia enerxética nas dependencias municipais do consistorio, o Centro de Servizos Municipais, as piscinas municipais, o CEI-NODUS e o Centro Social Uxío Novoneyra.
O Congreso artéllase nun total de trece mesas específicas, e contará coa participación de empresas, investigadores universitarios e centros de investigación relacionados co sector da enerxía. O número de asistentes inscritos (profesionais de empresas, investigadores universitarios e de organismos públicos, etc) xa supera un cento e a relación de relatorios aceptados pódese consultar na web do evento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?