Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Desenvolvida dende Ourense unha pioneira aplicación de análise da calidade de software
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Desenvolvida dende Ourense unha pioneira aplicación de análise da calidade de software

Redacción
Publicado: 03/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_michel_garcia.jpgO enxeñeiro informático da Universidade de Vigo Michael García vén de crear unha ferramenta pioneira na análise da calidade do software feito con Fortran, linguaxe de programación moi acaída para a computación científica e o cálculo avanzado. Trátase da ferramenta FortranAnalyser, unha innovadora aplicación que é quen de facer cousas como comprobar métricas consideradas como boas prácticas de programación. A tecnoloxía, segundo informa a Universidade de Vigo, xa ten espertado o interese de investigadores da NASA.
O desenvolvemento deste ferramenta, explica o investigador do Grupo EPhysLab do campus de Ourense, xurdiu no marco do traballo fin de mestrado en Enxeñaría Informática que realizou baixo a dirección dos profesores Juan Antonio Añel e Javier Rodeiro, e que recentemente recibiu un dos galardóns do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre convocado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Neste traballo, Michael García estudou a reproducibilidade computacional do CMIP 5, a fase cinco do proxecto internacional de intercomparación de modelos climáticos do Programa Mundial do Clima de Nacións Unidas, que abrangue desde 2008 a 2015. Segundo explica García, “para o informe de Nacións Unidas sobre cambio climático fanse unha serie de simulacións do clima con modelos, e eses modelos son os que eu estudei”.
A análise da dispoñibilidade consistiu en comprobar a facilidade de acceso ao código dos 26 modelos que conforman o CMIP 5, analizándose as licenzas asociadas a cada modelo. A cada un deles asignóuselle unha valoración, outorgando cero estrelas no caso de non dispor do código; unha estrela no caso de obter o código tras contactar coa institución; dúas estrelas se o código está dispoñible na páxina web da institución e a última estrela asignóuselle en base ao tipo de licenza asociada ao modelo: media estrela se é tipo BSD ou similar e unha estrela se é tipo GPL ou similar. Dos oito modelos dos que se conseguiu o código, sete obtiveron un informe de dispoñibilidade favorable.
A análise da calidade dos modelos foi a que xerou a problemática que deu lugar á creación de FortranAnalyser. Segundo engade García, “a linguaxe de programación na que están desenvolvidos os modelos é Fortran. Ante a inexistencia dunha ferramenta que fose capaz de analizar o código estaticamente comprobando métricas consideradas como boas prácticas de programación, vímonos obrigados a desenvolver unha propia, a que chamamos FortranAnalyser”. Esta aplicación, máis en detalle, é unha ferramenta multilinguaxe de análise estática de código Fortran para plataforma Linux.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?