Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: UVigo App, unha aplicación para crear máis e mellor comunicación nos campus
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

UVigo App, unha aplicación para crear máis e mellor comunicación nos campus

Redacción
Publicado: 03/11/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_app-2.jpgA Universidade de Vigo vén de subir un novo chanzo no seu proceso de transformación dixital. E faino no ámbito das aplicacións, impulsando o espallamento da aplicación UVigo App entre o alumnado, o persoal de administración e servizos, o profesorado e a comunidade investigadora. A iniciativa, unha plataforma móbil personalizada con todo tipo de servizos e información actualizada de utilidade, vén da man de CRUE Universidades Españolas a través de Santander Universidades. O obxectivo, no que se refire aos Campus de Pontevedra, Vigo e Ourense, é “mellorar a comunicación e axilizar a xestión da comunidade universitaria”.
Segundo informan as ditas entidades, a App de UVigo inclúe acceso a información útil “para as e os integrantes da comunidade universitaria”, permitindo consultar as materias matriculadas e o expediente académico, ao tempo que incorpora a Tarxeta Universitaria Intelixente, TUI, na súa versión dixital, a través da que é posible renovar libros nas bibliotecas. Por outra banda, a ferramenta tamén fai posible a posta en marcha de grupos de comunicación e mesmo participar en retos, xogos, concursos, así como o acceso a vantaxes exclusivas da comunidade universitaria.
As persoas que desexen dispoñer da plataforma móbil personalizada no teléfono deben instalar a aplicación no dispositivo dende as tendas de aplicacións oficiais, Android e iOS. Así mesmo, para acceder á área restrinxida as e os usuarios deberán identificarse co seu número (NIF/NIE/Pasaporte) e o contrasinal de acceso á Secretaría Virtual. Ademais, hai un enderezo específico para que as e os usuarios da aplicación móbil obteñan resposta para as súas dúbidas e preguntas máis habituais (as cuestións máis específicas poderán consultalas dende a propia aplicación).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?