Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A web de Meteogalicia amplía posibilidades de busca e de personalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A web de Meteogalicia amplía posibilidades de busca e de personalización

Redacción
Publicado: 06/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

meteogalicia_gal.jpgComo vén sendo habitual, Meteogalicia vén de actualizar a súa presenza na Rede, respondendo a unha dobre demanda: primeiro, a da comunidade crecente de usuarios (que medra en número e en uso de ferramentas) e, segundo, a de achegar os servizos e informacións máis fiables sobre unha cuestión, o clima galego, que tamén vive suxeita a unha constante actualización e revisión. Segundo informou a Consellería de Medio Ambiente, Meteogalicia renovou a súa web “co fin de ofrecer contidos personalizados e aumentar a súa navegabilidade”. Desta maneira, puxéronse en xogo “novas funcionalidades” dentro do apartado de estacións meteorolóxicas, dirixidas a facer máis áxil acceso á información e, tamén, a afacer os datos fornecidos ás demandas de cada quen.
meteogalicia_estacions.jpgSegundo se engade, estas novidades céntranse sobre todo na opción de aumentar ata cinco o número de estacións meteorolóxicas preseleccionadas e marcar unha delas como favorita co obxectivo de ·obter un acceso directo e personalizado a esta información”. Con esta actualización tamén se ampliaron as alternativas de procura, de tal maneira que poderemos especificar o concello sobre o que desexamos obter datos, e a partir de aí a ferramenta listará as estacións máis próximas á localidade seleccionada dentro dun radio de 30 quilómetros.
Ademais, o sitio de Meteogalicia viuse reforzado para permitir a procura de información desde o propio mapa no que están xeolocalizadas todas as estacións meteorolóxicas. A partir de agora, engade Medio Ambiente, “poderá ampliarse o mapa para localizar a estación desexada con maior precisión e mesmo dáse a a posibilidade de delimitar, a través doutra capa, o territorio de cada un dos concellos de Galicia”.
Por outra banda, dende Meteogalicia lembran que seguen a ofrecer “información puntual e actualizada” sobre a previsión do tempo e a observación atmosférica a través das súas contas nas redes sociais, que, no caso de Twitter, vén de acadar os 100.000 seareiros. “Esta cifra reflicte o grao de interese e seguimento dos galegos pola información meteorolóxica, de aí a aposta da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio por renovar e actualizar os servizos de información á cidadanía”, engádese.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?