Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Conexiona impulsa un software para predicir a gravidade dos ictus
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Conexiona impulsa un software para predicir a gravidade dos ictus

Redacción
Publicado: 06/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

presentacion_conexiona_idis_ictus.jpgAs doenzas de meirande presenza na nosa terra teñen (cada vez máis) o seu contrapunto, o seu contrincante, nas novas tecnoloxías da información. Non tanto á hora de sandar, aínda que tamén, senón de previr, de facer seguimento, de elaborar diagnósticos máis exhaustivos, de acertar no tratamento e de avaliar a gravidade da doenza en cuestión nun individuo concreto. Este precisamente é o alicerce do proxecto no que está a traballar a nosa firma TIC Conexiona, emprazada na Tecnópole. Trátase, en palabras da empresa, do que sería o primeiro software para predicir a gravidade dun ictus. Para levar ao mercado este achado, a empresa ourensá puxo en marcha a spin-off LINCbiotech, en estreita colaboración co Laboratorio de Neurociencias Clínicas (LINC) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).
A nova firma biotecnolóxica, presentada os días pasados en Santiago e Ourense, xorde “para desenvolver e comercializar un software de axuda á decisión clínica que cuantifica e mostra a temperatura cerebral a partir dos datos xerados mediante resonancia magnética (RM) en pacientes que veñen de sufrir un ictus”.
Esta información, informaron os responsables do proxecto nas presentacións, intégrase coa imaxe volumétrica e espacial dos estudos de neuroimaxe, coa finalidade “de proporcionar un diagnóstico máis preciso e personalizado aos pacientes”. A tecnoloxía resultante, fíxose saber, ten posibilidades de ser adaptada a diferentes ámbitos da saúde e a atención médica.
presentacion_conexiona_idis.jpgPor certo que na folla de ruta de LINCbiotech tamén está previsto lanzar unha tecnoloxía con capacidade para inducir unha hipotermia focal nas persoas que veñen de sufrir un ictus, un tratamento de probada eficacia na diminución dos efectos da dita doenza.
A empresa foi presentada os días pasados na sede do Laboratorio de Neurociencias Clínicas, no Hospital Clínico de Santiago, por parte da xerente de Xestión Integrada de Santiago, Eloína Núñez; José Castillo, director do LINC e director científico do IDIS; e de Carlos Sande, director de I+D e Proxectos de Conexiona. Posteriormente trasladáronse a unha visita á sede da empresa, en Tecnópole.
Segundo a planificación proxectada, o inicio da comercialización do software médico en España e Europa será a principios de 2019. Nas sesións cos medios e cos profesionais da saúde e das TIC fíxose saber, tamén, que o algoritmo xa foi testado en modelos de experimentación o pasado ano mentres que este ano estase a traballar no desenvolvemento e validación clínica en humanos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?