Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os beneficios e os riscos das redes, ao detalle na webserie galega Generación Wifi
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os beneficios e os riscos das redes, ao detalle na webserie galega Generación Wifi

Redacción
Publicado: 06/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pogeneracionwifi1.jpgOs días pasados presentouse en Pontevedra (no Teatro Principal, o día 18) unha máis que interesante webserie sobre o mundo das tecnoloxías na mocidade e sobre como estas están a mudar para sempre o noso xeito de comunicarnos e procurar información (para ben, aproximando persoas, integrándoas socialmente e espallando o coñecemento, e tamén para mal, impulsando adicións, ciberacoso e problemas de conduta). Trátase de Generación Wifi, impulsada por un grupo de estudantes de Comunicación Audiovisual (Facultade de Ciencias Sociais Campus de Pontevedra) entre os que se atopa Araceli Louro (produtora), e pola xornalista Julia Castro, guionista e directora da webserie. A semana pasada, logo do pase no Teatro Principal, foi estreada na Rede con tres versións de cada un dos seus capítulos, aos que suman subtítulos, audiodescrición e interpretación en lingua de signos.
Segundo fan saber as súas creadoras, a webserie aborda con humor os “novos mandamentos da xeración do século XXI”, marcados pola “adicción ao móbil e a Internet”. A súa orixe está a medidados de 2016, cando a egresada da dita Facultade e produtora Silvia Fuentes puxo en contacto a Castro con Louro, quen logo seguiu sumando compañeiras e compañeiros á súa equipa, aos que se engadiu tamén a propia Facultade, achegando colaboración e escenarios para a rodaxe.
A protagonista da webserie é Valeria e o punto de partida da historia foi a súa teima coas novas tecnoloxías, unha teima raiana coa obsesión. Esta adición contraponse nos capítulos coa visión positiva sobre as TIC que achegan tres personaxes diferentes. Estes persoeiros están representados por unha moza xorda, outra invidente e outra interpretada por un dos alumnos das clases de teatro que organiza Down Pontevedra, un dos colectivos que colaborou cun proxecto que tamén contou co apoio do Centro de Recursos Educativos da ONCE, do servizo profesional de intérpretes de lingua de signos Entresignos e Idendeaf (Produción e Formación Audiovisual en Lingua de Signos), así como da Pontevedra Film Comission. Grazas á implicación destes colectivos, recoñece Louro, “démonos conta de que tiñamos que facer esas tres versións”, de tal xeito que os subtítulos e a intérprete en lingua de signos a fixesen accesible para persoas con problemas de audición e a audiodescrición achegase aos capítulos a persoas con discapacidade visual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?