Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ultreia e Librebit formarán administradores de sistemas GNU/Linux para a súa contratación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ultreia e Librebit formarán administradores de sistemas GNU/Linux para a súa contratación

Redacción
Publicado: 06/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

librebit_contrata_mozos_sysadmin_linux.jpgA empresa galega Librebit, da que temos falado en Código Cero para salientar o seu importante labor espallando LibreOffice, vén de unir forzas coa tamén galega Ultreia no camiño de botar unha man na integración laboral da mocidade. Máis polo miúdo, ámbalas firmas están a impulsar unha iniciativa de emprego xuvenil que consiste en formar administradores de sistemas GNU/Linux. O proceso rematará coa selección e contratación dun profesional adestrado nos ditos sistemas libres en ambas empresas.
A iniciativa inclúe a achega dun curso de balde de 380 horas de duración sobre administración de sistemas GNU/Linux para a computación na nube, centrado na certificación LPIC-1 e LPIC-2. O curso será presencial en Vigo, na academia Octavio, durante os meses de novembro e decembro. Utilizaranse e aprenderanse ferramentas libres innovadoras e de gran presenza en empresas de todo o mundo, como Debian GNU/Linux, Amazon Web Services, NGINX, Vmware, MySQL, Ansible, Nextcloud, Puppet, OpenStack, etc.
Segundo informan Librebit e Ultreia, rematadas as horas de formación realizaranse prácticas nas dúas empresas, durante o mes de febreiro. Finalmente, en abril realizarase o proceso de selección cunha pequena proba final, para poder chegar a formar parte do equipo dunha das dúas firmas galegas de software libre.
Os requisitos para poder participar nesta iniciativa son ter entre 16 e 30 anos e formar parte do proxecto de Garantía Xuvenil do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Non é necesaria titulación nin certificación previa, “só ganas e interese por mellorar profesionalmente”, informan, engadindo que se terá moi en conta “a experiencia previa en administración de sistemas, en especial en sistemas Linux”. Valorarase tamén a capacidade de defenderse co idioma inglés, non sendo preciso ningún título que a avale.
As persoas interesadas non teñen máis que consultar a páxina da iniciativa dende a que poderán consultar calquera dúbida así como apuntarse.
Esta iniciativa faise dende a asociación Ineo e CONETIC co apoio de Red.es, cofinanciado polo Fondo Social Europeo 2014-2020 con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?