Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno de Ecuador visita as instalacións da firma Tecalis en Milladoiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno de Ecuador visita as instalacións da firma Tecalis en Milladoiro

Redacción
Publicado: 07/11/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

De esquerda a dereita, Alberto Campos (CEO de Tecalis), Jose Luis Cabascango (director de Pro Ecuador España (Ministerio de Comercio Exterior), Isidoro Martínez (CMO en Tecalis e Dexga Tecnologies), María Gloria Dávila (adxunta Comercial de Pro Ecuador España (Ministerio de Comercio Exterior), Berta Caro (coordinadora de Desenvolvemento de Negocio de Tecalis)
De esquerda a dereita, Alberto Campos (CEO de Tecalis), Jose Luis Cabascango (director de Pro Ecuador España (Ministerio de Comercio Exterior), Isidoro Martínez (CMO en Tecalis e Dexga Tecnologies), María Gloria Dávila (adxunta Comercial de Pro Ecuador España (Ministerio de Comercio Exterior), Berta Caro (coordinadora de Desenvolvemento de Negocio de Tecalis)
A sede da empresa Tecalis, firma tecnolóxica galega emprazada en Milladoiro (Ames), recibiu hoxe a visita dunha delegación do Goberno de Ecuador, representado pola Embaixada e membros do Ministerio de Comercio Exterior (Instituto de Promoción de Exportacións e Investimentos, Pro Ecuador). No encontro celebrado nas instalacións de Tecalis, que forma parte dunha xira do Goberno ecuatoriano pola nosa terra (hoxe e mañá, co obxectivo de establecer encontros empresariais con diferentes empresas TIC, consultoras e alimentarias, para establecer sinerxías e fomentar o investimento no mercado ecuatoriano), participaron Cristóbal Roldán Cobo, embaixador de Ecuador en España, Christian Espinosa, conselleiro Económico da Embaixada de Ecuador en España, José Luis Cabascango, director de Pro Ecuador España e María Gloria Dávila, adxunta comercial de Pro Ecuador España. Na sede de Tecalis, os representantes da empresa amosáronlles polo miúdo a súa actividade, centrada no desenvolvemento e deseño a medida de software, portais web e aplicacións móbiles.
gobecuador_tecalis1.jpg A visita a Tecalis respondeu, en palabras dos responsables da firma galega, “ao seu papel de referente no sector das tecnoloxías da información, tanto pola calidade dos nosos proxectos como pola proxección da compañía”. Durante a estadía dos representantes do Goberno ecuatoriano na empresa de Milladoiro, os responsables de Pro Ecuador convidaron á compañía a participar na sétima Convención Anual da Asociación Latinoamericana de Exportadores de Servizos (ALES 2017) que se celebrará en Quito os vindeiros días 15 e 16 de novembro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?