Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Protección de Datos sanciona a Google pola recollida de datos efectuada polos vehículos de Street View
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Protección de Datos sanciona a Google pola recollida de datos efectuada polos vehículos de Street View

Redacción
Publicado: 07/11/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

street_view_coche.jpgA Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) ditou unha resolución que pon fin ao procedemento aberto á empresa Google en relación á recollida e tratamento de datos persoais de redes Wi-Fi levada a cabo polos vehículos empregados no proxecto Street View. No marco da investigación realizada, a AEPD constatou que Google recolleu e almacenou datos persoais transmitidos a través de redes Wi-Fi abertas sen que os afectados tivesen coñecemento de dicha recollida e sen obter o consentimento dos mesmos. En consecuencia, a Axencia declara a existencia dunha infracción grave e impón a Google unha sanción de 300.000 euros.
A AEPD iniciou de oficio a investigación destes feitos en maio de 2010. Con todo, a existencia dun procedemento xudicial penal aberto no Xulgado de Instrución Nº 45 de Madrid obrigou á AEPD a suspender a tramitación do seu procedemento sancionador en virtude do artigo 7 do Real Decreto 1398/1993, polo que se aproba o Regulamento do Procedemento para o Exercicio da Potestade Sancionadora. Unha vez tívose coñecemento da firmeza do auto polo que se acorda o sobresemento provisional e arquivo das dilixencias previas, a Axencia Española de Protección de Datos renovou o procedemento administrativo, resolvéndoo tras o correspondente prazo de presentación de alegacións.
No marco da investigación realizada, a Axencia Española de Protección de Datos constatou que Google recolleu información de diversa tipoloxía sen que os afectados tivesen coñecemento de que dita recollida de datos estaba a levarse a cabo e sen o seu consentimento. A compañía solicitou, entre outra, información relativa a direccións de correo electrónico de persoas físicas, códigos de usuario e contrasinal que permiten o acceso a contas de correo electrónico, enderezos IP, enderezos MAC dos routers e dos dispositivos conectados aos mesmos ou nomes de redes sen fíos (SSID) configurados co nome e apelidos do seu responsable. Non se constatou que Google tratase datos especialmente protexidos a través destes sistemas.
En canto a que os datos se recollesen de redes Wi-Fi abertas, a resolución especifica que «o feito de que os titulares de redes Wi-Fi non aseguren o cifrado destas redes, en prexuízo da seguridade dos seus datos, non autoriza de ningún xeito a recollida da información levada a cabo nin ningún uso posterior da mesma».
Para determinar a contía da sanción, a maior no caso das infraccións graves, considerouse, entre outros factores, o carácter continuado da infracción (desde maio do 2008 a maio de 2010), o volume masivo de datos persoais recolleitos; a vinculación da actividade de Google coa realización de tratamentos de datos de carácter persoal, o volume de negocio ou actividade da compañía considerando o seu modelo económico; que as infraccións son o resultado do sistema de recollida e tratamentos de datos deseñado por Google, así como o prexuízo que devandito sistema causa á privacidade das persoas afectadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?