Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN afronta 2018 con máis orzamentos e máis foco no talento e na innovación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN afronta 2018 con máis orzamentos e máis foco no talento e na innovación

Redacción
Publicado: 08/11/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Patricia Argerey, directora de GAIN, nun dos actos de celebración dos 25 anos da Tecnópole
Patricia Argerey, directora de GAIN, nun dos actos de celebración dos 25 anos da Tecnópole
Onte tivemos ocasión de coñecer boa parte da folla de ruta para 2018 da Axencia Galega de Innovación, GAIN, un roteiro que se centrará principalmente en cousas que nos tocan de preto, como incrementar a competitividade das PEME a través da innovación, impulsar a transferencia de tecnoloxía dos investigadores ás empresas, apoiar o espallamento da Industria 4.0 no noso tecido produtivo ou captar e reter talento innovador. Os plans para o ano vindeiro foron dados a coñecer no Parlamento pola directora da axencia, Patrica Argerey, quen salientou que os orzamentos do organismo medraron nun 26%, situándose preto dos 80 millóns de euros. Respecto dos eidos onde se rexistrou meirande crecemento, foi sobre todo no ámbito das partidas de investimento.
Respecto do talento e a captación e retención do mesmo, Argerey sinalou que se lle dará continuidade aos programas Oportunius e Principia, con 3,4 millóns de euros, “aos que se engadirá unha liña para facilitar a contratación de persoal investigador sénior por parte de centros de coñecemento e empresas, cun orzamento dun millón de euros”.
No que atinxe á transferencia tecnolóxica, prolongarase e reforzarase o programa Ignicia, con 2,5 millóns de euros, co obxectivo de “impulsar entre 7 e 10 novos proxectos de proba de concepto que acheguen a investigación galega ao mercado”. Ademais, activarase unha convocatoria para o fortalecemento dos centros tecnolóxicos galegos para apoiar a dotación e actualización de equipamento actualizado e diferencial, que permitirá mobilizar 13 millóns de euros.
Respecto da cultura da innovación nas PEME, manterase o programa Innova PEME e lanzaranse dous novos programas: o Reacciona Innovación (en colaboración co IGAPE e destinado ás firmas que queiran orientar o seu camiño cara á innovación e para que teñan acceso a servizos especializados) e un programa de impulso do deseño como factor facilitador da innovación, “que conecta a empresa co mercado cun enfoque de innovación non tecnolóxica”.
Así mesmo, lanzarase a cuarta convocatoria do Conecta PEME, con 25 millóns de euros, coa finalidade de “desenvolver proxectos innovadores en cooperación”. Por outra banda, no marco do polo tecnolóxico e industrial de vehículos non tripulados de Rozas (que conta con 9 millóns de euros consignados no orzamento do vindeiro ano), Argerey explicou que se vai pór en marcha un programa de aceleración de proxectos aeroespaciais “para que emprendedores de todo o mundo poidan validar as súas solucións e xerar actividade económica”. A aceleradora, que contará coa colaboración de Indra e Babcock, busca apoiar 15 start-ups. Tamén está prevista a incorporación dun espazo de coworking e viveiro de empresas en Lugo, nas instalacións do antigo hospital.
Do mesmo xeito, tamén se dará continuidade ao programa de I+D+i da Civil UAVs Initiative, que segundo fixo saber a directora de GAIN, “está a xerar 170 empregos altamente cualificados, tanto en Indra como en Babcock como nas 17 PEME e centros tecnolóxicos galegos que están subcontratados ata o de agora”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?